Publicador de contidos

Publicador de contidos

Alfon despídese do Celta con palabras de agradecemento para Claudio Giráldez

Alfon despídese do Celta con palabras de agradecemento para Claudio Giráldez

O manchego é un dos que acaban contrato no club vigués e xa ten asinado no Sevilla 

G24.gal 30/06/2025 21:05

Alfon é un dos catro xogadores que remata contrato este 30 de xuño no Celta. Os outros son Guaita, Jailson e Manquillo. O porteiro, titular os dous últimos anos, xa tiña asumida a marcha pola súa idade -37 anos-. O rendemento de Jailson e Manquillo estivo lonxe de ser óptimo e no club daban por amortizados os seus contratos. 

A situación máis incómoda era a de Alfon. O seu rendemento, primeiro no filial e despois no primeiro equipo, resultou moi satisfactorio. Un xogador cun custo baixo e cun rendemento alto. Entre Liga e Copa marcou oito goles esta temporada. Algún deles decisivo para xogar na Europa League como o que lle deu a vitoria diante da Real Sociedade na antepenúltima xornada do campionato. 

Era un segredo a voces que Alfon tiña un precontrato firmado co Sevilla desde había varios meses. En febreiro o Celta non movera ficha polo extremo e o seu representante acordou os termos do vencello co cadro sevillista para as vindeiras tres temporadas. Alfon despediuse da afección e do club con palabras de agradecemento. Chegou para xogar na antiga 2B e marcha co cartel de Primeira División. Noutros equipos nos que estivo o rendemento estivo moi lonxe do que deu en Vigo e por iso Alfon quixo agradecer a confianza que lle deu Claudio Giráldez para a súa progresión, o adestrador que marcou a súa carreira. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade