Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Mirandés confía o seu proxecto ao técnico ourensán Fran Justo

O Mirandés confía o seu proxecto ao técnico ourensán Fran Justo

A temporada pasada estivo á fronte do Alxeciras, no Grupo II da Primeira Federación

G24.gal 30/06/2025 13:34

Fran Justo dirixirá o Mirandés na temporada 25-26, un salto de calidade moi importante para o adestrador ourensán de 35 anos que será o responsable dun equipo que chegou á final de ascenso a Primeira División. Fran Justo xa dirixiu nesta categoría o Lugo durante nove xornadas, despois pasou polo Real Unión, co que visitou O Espiñedo, e polo Alxeciras, o último equipo ao que adestrou. 

Fran Justo foi quen levara o Arenteiro de Terceira División a Segunda Federación e o que iniciara o traxecto do club do Carballiño cara a Primeira RFEF. No Mirandés supliría a Alessio Lisci, que fichou no Osasuna, e chegaría a Anduva despois da mellor temporada da historia da entidade burgalesa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade