Contido con Temática Sociedade .

Contido con Temática Sociedade .

Sociedade

Desartellan unha rede criminal en Ourense e Lugo que vendía coches de segunda man

12/07/2025 12:27

Hai numerosas vítimas en toda España ás que lle causaron un prexuízo económico superior aos 900.000 euros


Un mosso d'Esquadra nunha imaxe de arquivo. David Zorrakino / Europa Press

Detido o alcalde de Arbeca (Lleida) acusado de agredir a súa exparella

12/07/2025 12:10

O rexedor, que tamén trabou un mosso d'Esquadra, está acusado de violencia no ámbito familiar e de atentado á autoridade


A muller máis lonxeva de Galicia ten 108 anos e vive en Ourense

12/07/2025 09:37

Esperanza Cortiñas, que vive no barrio ourensán da Ponte, é nai de tres fillas

Considérase presumida e non perdoa as partidas de cartas nin os bailes dos domingos


Un dos coches atrapados pola choiva. EFE/UME

Aragón activa o nivel 2 de emerxencia ante o aviso vermello por fortes choivas

12/07/2025 08:29

Agárdanse acumulacións de ata 100 litros por metros cadrado nunha hora en Tarazona, o Moncayo e a Ribeira do Ebro

A Unidade Militar de Emerxencias (UME) desprégase en Aragón tras o aviso vermello da AEMET na ribeira do Ebro

Etiquetas:  ALERTA   CHUVIAS

A princesa Leonor cos seus compañeiros á súa chegada a Ferrol. Raúl Lomba/Europa Press

O buque escola Juan Sebastián de Elcano parte de Ferrol coa princesa Leonor a bordo

12/07/2025 08:24

A súa chegada a Marín, onde permanecerá ata o xoves, está prevista para o domingo ás 17:00 horas

Durante a saída da dársena de Curuxeiras homenaxearán a expedición de García Jofre de Loaysa


Aragón activa a emerxencia por chuvias e treboadas

11/07/2025 21:28

Avisos por choivas e treboadas en 25 provincias este sábado, oito delas en nivel laranxa

Categorías:  Sociedade   España
Etiquetas:  TEMPO

O CEO de Abanca e o Celta de Vigo, entre os galardoados polos empresarios galegos de Cataluña

11/07/2025 21:16

Tamén concedeu un premio extraordinario, que este ano foi para o Parlamento de Galicia, que recolleu o seu presidente, Miguel Ángel Santalices


Usuarios dos quads en plena ruta

Unha casa de turismo rural de Pantón ofrece rutas en quad pola Ribeira Sacra

11/07/2025 20:43

No que vai de ano, máis dun milleiro de visitantes optaron por este servizo para descubrir a contorna


O robot submarino UlyX durante o seu lanzamento para unha inmersión (J. Escartin / Flota Oceanográfica Francesa - Campaña Nodssum)

A expedición francesa localiza fugas nalgúns bidóns radioactivos; levan atopados xa 3.350

11/07/2025 19:52

As fugas poderían ser de alcatrán, e as mostras recollidas non detectan unha radiación superior á considerada normal


O golfiño Manoliño.

Sen noticias do golfiño Manoliño na ría de Ferrol; piden axuda para localizalo

11/07/2025 19:24

A Cemma deuno por desaparecido logo de non ter rexistros del dende o 3 de xuño

Piden colaboración á cidadanía para atopalo ou descubrir pistas do seu paradoiro 

Etiquetas:  GOLFIÑOS

Imaxe de arquivo de Toni Cruz. Europa Press

Morre Toni Cruz, cantante de La Trinca e produtor televisivo

11/07/2025 19:23

O artista catalán tiña 78 anos e foi un dos fundadores da produtora Gestmusic

Impulsou programas como 'Crónicas marcianas' e 'Operación triunfo'

Categorías:  Sociedade   España
Etiquetas:  OBITUARIOS

Imaxe de arquivo do encoro das Conchas

Condenan a Xunta e a CHMS pola súa "inactividade" ante a "degradación ambiental" do encoro das Conchas

11/07/2025 19:02

Deberán "adoptar inmediatamente" as medidas necesarias para garantir o abastecemento de auga potable limpa, segura e libre de microorganismos e substancias químicas


Srebrenica, onde o duelo e a dor se herdan: "Isto non pode nin debe esquecerse"

11/07/2025 18:16

Cúmprense 30 anos do xenocidio: Máis de 8.000 homes e nenos bosniomusulmáns foron executados polas forzas serbobosnias

Categorías:  Sociedade   Mundo
Etiquetas:  BOSNIA   SERBIA

Galicia aposta polo sector aeroespacial e de defensa coa Escola de Enxeñería Aeronáutica de Ourense

11/07/2025 18:14

As obras comezarán en dúas semanas

Trátase dunha escola de 6.500 metros cadrados de superficie e dez millóns de euros de orzamento


Imaxe de arquivo da chegada do transatlántico Arcadia ao porto ferrolán

A Autoridade Portuaria de Ferrol saca a concurso a construción da terminal de transatlánticos

11/07/2025 18:09

A terminal será de uso aberto a todas as navieiras

Inclúe a construción dun edificio para as empresas

Categorías:  Sociedade   Galicia   Ferrol
Etiquetas:  SECTOR NAVAL

Unha das tendas do 'glamping' Espazo Nature na praia de Razo, Carballo.

O auxe do 'glamping' ou acampada de luxo en Galicia

11/07/2025 18:05

O turismo de experiencias, como o astroturismo, aumenta favorecido polos selos Starligth

Sete comarcas e concellos galegos posúen esta certificación que garante ceos escuros e escasa contaminación lumínica 


Xuízo aos dous acusados do asasinato de Valentín Moreno, coñecido como o asasino da Villa Olímpica (Europa Press)

O xurado declara culpables os dous acusados de matar o autor do crime da Villa Olímpica

11/07/2025 17:55

A Fiscalía pediu 25 anos de prisión para un dos dous sicarios e 31 para o suxeito que presuntamente actuou como ligazón e que foi quen facilitaría a arma

Etiquetas:  CRIME

Caen 64 detidos e 7 toneladas de haxix na maior rede de transporte de droga da península

11/07/2025 16:15

A organización botaba narcolanchas rápidas ao mar desde a desembocadura do Texo

A operación deixou case 100 rexistros en España e Portugal


A Xunta inicia as obras da autovía Tui-A Guarda

11/07/2025 16:13

Pasa por localidades como Tui e Tomiño e investíronse case 18 millóns de euros

Prevese que se remate en 24 meses


Juana Rivas

A xustiza italiana e a española confirman a custodia do fillo menor de Juana Rivas ao pai

11/07/2025 16:12

O neno vive en Maracena (Granada) desde que viaxou de visita a España no Nadal

A defensa de Rivas solicitara anular esa custodia para garantir a tutela efectiva do menor ata que se resolva un novo proceso penal contra o pai, que se enfrontará a un xuízo en setembro acusado de malos tratos habituais aos seus fillos


Drons e patrullas a cabalo buscan unha anciá desaparecida en Lugo

11/07/2025 15:52

O dispositivo céntrase no polígono do Ceao e no rural de Bocamaos

Isaura, de 85 anos, falta desde o martes tras saír pasear


Un camión queda atrapado nunha estrada en Nigrán por seguir as ordes do GPS

11/07/2025 15:31

O camioneiro meteuse por unha vía que só era apta para turismos

Estivo un día encaixado na casa do cura de Nigrán


Unha muller e dúas nenas tiveron que ser rescatadas no incendio dun piso na Coruña

11/07/2025 15:30

Foi unha veciña a que deu a voz de alarma e detallou que había moito fume no edificio


Os portugueses, os europeos que menos gastan nas vacacións

11/07/2025 15:05

Os portugueses son os europeos que menos gastan nas vacacións, uns 1.500 euros

Máis do 80% dos portugueses quere viaxar ao estranxeiro, aínda que sexa recortando a estadía


Pontevedra celebra a popular romaría do San Benitiño de Lérez

11/07/2025 15:02

Milleiros de fieis reúnense cada ano nesta parroquia de Lérez para pedir pola curación das enfermidades da pel

As tradicións máis populares son recoller o aceite, queimado previamente nunha ola de cobre, e pasar por debaixo do altar do santo


Unha vila do norte de Italia recruta xubilados para vixiar as obras públicas

11/07/2025 14:49

En Villasanta, na Lombardía, fichan xubilados con formación na construción para vixiar obras e alertar de danos que precisen reparación

Categorías:  Sociedade   Mundo

Arden en Pontevedra catro coches que agardaban o despezamento

11/07/2025 14:14

Os coches estaban almacenados na antiga parcela de Fenosa

O Concello prevé instalar nesa propiedade a futura sede Emerxencias


Policía Nacional

Detido en Vigo por vender supostamente drogas sintéticas nun piso do centro da cidade

11/07/2025 13:48

As pescudas permitiron comprobar que nun dos domicilios se vendía cocaína e haxix, mentres que no outro se distribuían substancias sintéticas destinadas a prácticas de chemsex


Deteñen catro persoas ao desartellar un punto de venda de droga en Vilagarcía

11/07/2025 13:44

Acúsanos de traficar con heroína e cocaína nun piso da rúa Valladares

Un dos arrestados foi enviado a prisión

 


Nace Re-USC con 60 pezas téxtiles únicas que dan unha nova vida a vellos materiais

11/07/2025 13:33

Elaboradas con lonas de eventos da Universidade de Santiago, xa están á venda na tenda da Universidade


EFE / Quique García

Desartellan en Tarragona o maior laboratorio de droga sintética de España

11/07/2025 11:51

Os detidos instaláronse en Amposta, nunha zona illada dun polígono industrial, coas naves lindeiras baleiras ou abandonadas

A pleno rendemento, o laboratorio podía producir uns cen quilos de MDMA á semana

Lograron identificar os membros tras unha compra de caixoneiras para transportar a droga


(Europa Press / Elena Fernández)

Envían a prisión un dos novos detidos pola liorta de Ribeira acusado de tentativa de homicidio

11/07/2025 11:16

Sospeitase que o home, tamén acusado de condución temeraria, lesións e de participar na rifa multitudinaria, era o condutor dun dos vehículos que atropelou á vítima mortal

Os outros tres detidos que pasaron este venres a disposición xudicial quedaron en liberdade

Etiquetas:  LIORTA

Teresa Portela (Mike Egerton / PA Wire / dpa - Arquivo)

Teresa Portela, a exconselleira Manuela López Besteiro e a Policía Autonómica, Medallas Pardo Bazán 2025

11/07/2025 10:54

A Xunta outorga estas medallas a persoas e entidades que loitan pola igualdade 


Imaxe de arquivo (captura de Europa Press Tv) do histórico dirixente de ETA Josu Ternera / Europa Press

Pedraz procesa como xefe de ETA a Josu Tenera, o encargado de anunciar a disolución da banda

11/07/2025 10:15

O histórico dirixente etarra vive no País Vasco francés en réxime de liberdade baixo control xudicial e España tamén o reclama para xulgalo desde a súa captura, pero a súa extradición está pendente doutro xuízo en Francia


A Garda Civil xa permite tramitar en liña denuncias de delitos menores, como furtos ou perda de documentación

11/07/2025 08:17

Con esta medida, a Garda Civil dá un paso adiante cara á dixitalización dos seus servizos

Etiquetas:  GARDA CIVIL

Desde primeira hora da tarde formáronse longas colas visitar o buque escola

Colas de máis de medio quilómetro para visitar en Ferrol o buque escola Juan Sebastián de Elcano

10/07/2025 21:24

Dúas xornadas de portas abertas para ver o buque escola no que se forman os gardamariñas, incluída a princesa Leonor


Cartel do Ribadeo Indiano no centro da vila

Todo listo para a celebración da décima edición da festa do Ribadeo Indiano

10/07/2025 20:37

A vila mariñá homenaxea o legado dos galegos retornados de América hai un século

Etiquetas:  FESTAS

Imaxe da octoxenaria desaparecida en Lugo

Buscan dous anciáns desaparecidos na provincia de Lugo

10/07/2025 19:48

No Saviñao, tres patrullas da Garda Civil, familiares e veciños da zona buscan un ancián de 94 anos

Sen pistas da octoxenaria desaparecida desde este mércores en Lugo


Juan Carlos I e Pedro Campos abandonando o aeroporto de Peinador. EFE

Xoán Carlos I volve a Galicia para desfrutar da vela por cuarta vez este ano

10/07/2025 19:39

O emérito volve para ver unha proba da liga 6 metros

En tres días chegará a princesa Leonor a Marín e despois Felipe VI


Imaxe de arquivo dunha peixería na Coruña (M. Dylan - Europa Press - Arquivo)

Os establecementos poden adherirse desde este venres ao Bono Peixe

10/07/2025 19:10

Este bono poderá usarse a razón de cinco euros por semana, con descontos do 25% da compra de ata un máximo de cinco euros

A Consellería do Mar prevé mobilizar 10 millóns e beneficiar 150.000 persoas, cun orzamento de 2,5 millóns de euros

O Bono Peixe de 50 euros estará dispoñible para a súa descarga a partir do 28 de xullo

Publicidade
Publicidade