Novas
Contido con Temática .
Economía

O Goberno aproba a prórroga da excepción ibérica tras acordalo con Bruxelas
28/03/2023 10:36
"Contamos co acordo e o apoio da Comisión", asegurou a vicepresidenta terceira e responsable de Transición Ecolóxica, Teresa Ribera
Nadia Calviño asegura que "dá unha rede de seguridade" para os consumidores no caso de que o prezo do gas volva subir nos próximos meses
O prezo tope ao gas dentro do mercado almacenista da electricidade situarase ata finais de ano nos 65 euros MWh

Os letrados estiman que se precisan oito meses para recuperar o suspendido pola folga
28/03/2023 10:30
Os letrados da administración de Xustiza valoran o acordo alcanzado cos ministerios de Xustiza e Facenda, pero insisten en que seguirán loitando polo seu recoñecemento profesional
Nunha entrevista na Radio Galega, a letrada do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia Pilar Cancela Ramírez de Arellano calcula que se necesitarán polo menos 8 meses para volver encaixar os xuízos e as actuacións que quedaron pendentes pola folga

Impacto socioeconómico do veto europeo á pesca de fondo, por Maite Cancelo
28/03/2023 07:50
Provocou unha importante baixada de capturas na pescada e afectou a frota de Burela e Celeiro
O sector pesqueiro representa o 4 % do PIB galego

O goberno portugués elimina o IVE de 44 alimentos básicos
27/03/2023 23:27
Está previsto que a medida estea en vigor entre abril e outubro

Unha aldea de Boborás recupera a actividade gandeira con porcos silleiros
27/03/2023 19:42
Cento trinta propietarios cederon 23 hectáreas para a cría dos cochos
Tamén van ter froiteiras e pensan botar millo e trigo

Os letrados de xustiza aceptan a oferta do Goberno para poñer fin á folga
27/03/2023 17:10
A proposta supón unha suba salarial de 450 euros mensuais
300.000 procedementos xudiciais paralizados en Galicia en dous meses de paro

Os sindicatos acusan a patronal do transporte de viaxeiros de piratería e anuncian folga
27/03/2023 16:22
Denuncian la paralización dos convenios provinciais e a "precariedade" do sector
O paro afecta uns 5.000 traballadores en toda a comunidade
As centrais convocan unha folga para o 31 de marzo

Santiago ultima a proposta técnica sobre o cobro da taxa turística
27/03/2023 14:39
O concello da capital galega espera presentar esta semana a súa proposición á Xunta

O Revera Vinun reúne 200 adegas galegas no convento de San Francisco de Santiago
27/03/2023 14:28
O segundo encontro dos viños, licores e augardentes galegos ofrece catas de máis de 500 viños e abre o debate sobre o futuro do sector

O mal estado do firme da N-540 entre Lugo e Ourense provoca queixas dos usuarios
27/03/2023 14:17
O Ministerio de Transportes di que a rehabilitación do firme está en fase de redacción do proxecto