Novas

A Xunta somete a información pública o proxecto de prolongación da autovía da Costa da Morte
27/06/2025 17:45
O novo tramo terá unha lonxitude de 5,5 quilómetros
A administración autonómica prevé un investimento de 36,4 millóns de euros
Allegue subliñou o compromiso da Xunta cunha Galicia "vertebrada, ben comunicada e cunhas infraestruturas sostibles e seguras"
.png)
Falece un home tras ser rescatado inconsciente da auga en Viveiro
27/06/2025 17:18
O suceso tivo lugar na praia de Celeiro

Evacuadas cinco persoas polo choque dun turismo e un camión en Cerceda
27/06/2025 17:08
Unha foi trasladada en helicóptero e as outras catro en ambulancia

Booking elimina máis de 4.000 anuncios ilegais de pisos turísticos a petición de Consumo
27/06/2025 16:56
A maioría destes anuncios eran de aloxamentos nas illas Canarias
Os incumprimentos inclúen a ausencia do número de rexistro obrigatorio, a inclusión de números falsos ou incorrectos e a falta de información sobre a natureza xurídica dos arrendadores

Preto de 7.000 efectivos participarán na loita contra os incendios en Galicia este ano
27/06/2025 16:23
Entre as novidades, aumenta o tempo de traballo do persoal da Xunta ata os 8 meses
Instáurase a figura do xefe de loxística para xestionar o avituallamento, coordinar o aloxamento do persoal e supervisar as comunicacións
Lembran que a cidadanía pode colaborar chamando ao servizo gratuíto 085 en caso de detectar un incendio forestal

O Concello de Vigo garante finalmente a celebración das festas de Coia
27/06/2025 16:20
O Goberno local asumirá os custos polas perdas da comisión tras a retirada de atraccións sen permiso
Non se instalarán atraccións que incumpran a normativa de seguridade vixente

27/06/2025 16:20

O Goberno prevé iniciar en agosto os traslados de menores migrantes pese á oposición do PP
27/06/2025 16:08
Sira Rego lamenta o bloqueo das comunidades gobernadas polos populares e pide "colaboración"
A Conferencia Sectorial aproba repartir 22 millóns entre Canarias, Ceuta, Melilla e Baleares

A UE pacta crear unha autoridade aduaneira para reforzar o control comercial
27/06/2025 15:54
Os estados membros tamén impulsarán un centro de datos común para rexistrar importacións e exportacións
O acordo busca modernizar a Unión Aduaneira ante o aumento do comercio electrónico

27/06/2025 15:45
Agárdanse temperaturas por riba dos 35 graos no interior entre o sábado e o luns
A Consellería de Sanidade publica recomendacións para os grupos máis vulnerables

Desarticulan un dos principais puntos de venda de droga polo miúdo en Vilanova
27/06/2025 15:31
Cinco persoas foron detidas en Vilanova e Vilagarcía durante a operación Ninja II
O grupo distribuía droga a outras localidades e atendía medio cento de persoas ao día
.png)
Cáelles formigón por enriba a unhas mozas que estaban na terraza dun bar de Santiago
27/06/2025 15:08
Caeu dun edificio en obras próximo ao bar e dende unha altura aproximada duns 20 metros
A afectada mancouse en varias zonas do corpo e tivo que tirar con toda a roupa que levaba posta

Comer na praia: un pracer con risco de intoxicación
27/06/2025 14:56
A calor favorece a proliferación de bacterias e microorganismos
Cómpre levar neveira, evitar alimentos crus e levar a froita sen cortar

O verán quenta os pequenos furtos: cal é o produto máis roubado en Galicia?
27/06/2025 14:50
Os roubos de pouco valor son uns dos delitos que menos se esclarecen, só un de cada cinco
O artigo preferido polos ladróns en España son as cremas para o sol

Gómez Noya e Pablo Dapena lembran a fazaña de 2019 para o tríatlon galego
27/06/2025 14:46
Os dous deportistas volven á liña de meta na que lograron o título e subcampionato mundial en longa distancia conseguido hai seis anos
Este domingo repítese a proba no mesmo escenario

Comeza na Coruña o Trofeo Presidente da Xunta de vela
27/06/2025 14:31
A competición constará de cinco etapas. Comezará na Coruña e terá probas en Ares, Portosín, Baiona e Sanxenxo.

A aldea do Puxedo, en Lobios, é exemplo de loita contra o feísmo en Galicia
27/06/2025 14:30
O presidente da Xunta destacou que a meta é transformar outros lugares de Galicia para que sexan mellores sitios para vivir e visitar
As axudas do programa de corrección de impactos paisaxísticos nos últimos anos achéganse aos 12 millóns de euros

Robles: "A morte de miles de nenos en Gaza é inaceptable"
27/06/2025 14:29
O Ministerio de Exteriores convoca o encargado de negocios da embaixada de Israel en España

Nova mostra da Fundación Marta Ortega, dedicada ao británico David Bailey
27/06/2025 14:26
É a primeira retrospectiva do británico que se pode ver en España
Bailey é un dos referentes da fotografía de moda, pero tamén un retratista excepcional

27/06/2025 14:20
Algúns comezaron a competir hai xa dezaseis anos
Na súa mochila virtual levan moita ilusión e moitas ganas de facelo ben

Unha das dúas únicas explotacións de magnesita de España está no concello lugués do Incio
27/06/2025 14:17
A magnesita ten múltiples usos tanto industriais como alimentarios. É un dos ingredientes que se emprega na produción de pensos para animais.
O xacemento do Incio leva máis de 60 anos activo e as prospeccións estiman que ten mineral suficiente para que a explotación continúe activa outros 25 anos máis

A autopsia da galega morta en León desmonta a versión da parella dun atropelo
27/06/2025 14:14
A muller, de 44 anos, morreu dunha hemorraxia interna e tiña golpes que non se corresponden cun atropelo
A Policía Local de Villaquilambre intensifica os interrogatorios para aclarar as causas da morte

O Betis fala do futuro de Borja Iglesias: "Ten contrato, non o imos regalar"
27/06/2025 14:12
Manu Fajardo, director deportivo do club andaluz, asegurou que "o club que o queira terá que negociar"

Besteiro dá por pechada a crise no grupo socialista da Deputación de Lugo
27/06/2025 14:09
O presidente da Deputación, José Tomé, e Iván Castro, deputado e exaspirante á secretaría xeral do partido en Lugo, evitaron referirse á situación que se viviu nos últimos días

O bonito do norte empeza a abundar nas peixerías e vai máis barato
27/06/2025 14:09
Os primeiros bonitos sempre van mais caros. Esta semana foi importante a baixada de prezos nas peixerías.
Un produto moi versátil co que se poden facer moitas receitas frescas para o verán

Isabel Pantoja e Bertín Osborne entran na lista de morosos con Facenda
27/06/2025 13:59
Quedan fóra da lista deste ano o Real Murcia, que debía 6,3 millóns, Afinsa (1,5 millóns) e catro sociedades do grupo Polaris

Unha panadaría compostelá di estar abocada a pechar os luns por falta de persoal
27/06/2025 13:52
Os propietarios aseguran que decidiron optar polo peche un día á semana para non sobrecargar o cadro de persoal e manter a calidade do produto

Vicky Vázquez renova como adestradora das Celtas
27/06/2025 13:49
No seu primeiro ano no club conseguiu o ascenso á Segunda Federación

O xuíz rexeita a petición de Cerdán de retransmitir a súa comparecencia do luns
27/06/2025 13:27
A petición resulta inconciliable coa lei e podería presentar perfís delituosos
O maxistrado explicou que están a loitar contra as filtracións e isto non axudaría

O Goberno di que "tratará de dar unha solución" aos residuos radiactivos da Foxa Atlántica
27/06/2025 12:55
A Xunta pide ao Consello de Seguridade Nuclear información sobre a expedición oceanográfica francesa que, segundo sinala, "localizaría máis dun milleiro de bidóns con residuos radioactivos en fondos mariños fronte á costa galega"
Greenpeace urxe a UE e Goberno a asumir a investigación de 220.000 bidóns radioactivos

O ministro Carlos Cuerpo presenta a súa candidatura á presidencia do Eurogrupo
27/06/2025 12:48
Carlos Cuerpo presentou a súa candidatura á presidencia do Eurogrupo, unha institución que xoga "un papel crítico" na definición da axenda política europea e á que España pretende dar "un impulso renovado"
Cuerpo e Donohoe son os dous únicos candidatos a presidir o Eurogrupo, un cargo que o ministro irlandés ostenta desde 2020

Morre unha nena de 4 anos ao caer accidentalmente dende un cuarto piso en Fuengirola
27/06/2025 12:10
Foron uns particulares os que alertaron o servizo de emerxencias 112, que enviou á zona a Policía Nacional, Local e os servizos sanitarios, pero non se puido salvar a súa vida

Buscan o tripulante dun barco afundido na desembocadura do Miño
27/06/2025 11:54
Un dispositivo con medios españois e lusos buscan o home, un portugués de 62 anos

Starfelt, cunha oferta do Como, estaría na rampla de saída do Celta
27/06/2025 11:16
O equipo italiano, que xa fichou a Douvikas o pasado mes de xaneiro, poría enriba da mesa dez millóns de euros polo sueco en caso de que lle fallase a opción de Malick Thiaw

Definida a distribución de grupos dos equipos galegos para a vindeira temporada
27/06/2025 11:04
Na Primeira Federación caen do grupo galego os cataláns e entran os equipos de Estremadura
Na Segunda Federación repítese o grupo da campaña 24-25

Controlado o incendio nos arredores de Atenas que obrigou a evacuar mil persoas
27/06/2025 11:01
Máis de 100 bombeiros con 37 vehículos permanecen na zona para evitar que se reaviven as lapas, xa que a onda de calor que afecta Grecia, con temperaturas de ata 42 graos, e a rexión da capital de Ática persiste este venres
Os meteorólogos advirten de que sopran novamente forte vento na rexión

O novo censo do lobo contabiliza 93 mandas en Galicia, 9 máis que en 2014
27/06/2025 11:00
No conxunto de España o total de mandas é de 333, 36 máis que as 297 inventariadas hai nove anos
Desde o Ministerio para a Transición Ecolóxica destacan que o número segue por baixo das 500 mandas "que os científicos consideran necesarias para asegurar a viabilidade xenética da especie a longo prazo"
Galicia e outras doce comunidades forzan unha nova reunión sobre o lobo o 11 de xullo

27/06/2025 10:15
O caso continúa "aberto", polo que aínda non se poden achegar moitos máis datos para "non interferir na investigación"
O detido, que tiña antecedentes por agresión sexual a menor, foi enviado este sábado a prisión

Adolfo Domínguez medra un 7,8 % facturación e un 25,4 % en vendas en liña
27/06/2025 10:12
Os datos foron proporcionados pola empresa nunha nota de prensa
O aumento acumulado dos últimos anos é do 53 %, dende o exercicio do 2022/23

Un profesor con nenos en acollida, entre os 61 detidos nunha macrooperación contra abusos a menores
27/06/2025 09:58
Destacan tamén entre os arrestados un exmilitar profesional e un enxeñeiro informático
En Galicia producíronse catro detencións, dúas na provincia da Coruña, unha na de Ourense e outra na de Lugo