Starfelt, cunha oferta do Como, estaría na rampla de saída do Celta
O equipo italiano, que xa fichou a Douvikas o pasado mes de xaneiro, poría enriba da mesa dez millóns de euros polo sueco en caso de que lle fallase a opción de Malick Thiaw
O Como é un equipo con cartos e busca xogadores na Liga. A presenza de Cesc Fábregas como adestrador e o seu coñecemento do mercado español fai que teñan un amplo coñecemento dos futbolistas que hai na Liga. En xaneiro xa levaron a Douvikas por uns doce millóns de euros, e neste mercado estival poderían asinar a Starfelt. O central sueco, con contrato ata o 2027, tería unha proposta importante do conxunto da Serie A e dez millóns é unha cantidade moi respectable para un xogador que custou a metade e que deu un bo rendemento durante dúas temporadas.
De momento é unha toma de contacto pero o Como está a ser un dos animadores nas transferencias. Starfelt sería unha alternativa por se falla Malick Thiaw, a súa primeira opción. As negociacións co Milán van máis aló porque tentaría meter na operación a cesión de Álvaro Morata, tamén a préstamo no Galatasaray.