Definida a distribución de grupos dos equipos galegos para a vindeira temporada
Na Primeira Federación caen do grupo galego os cataláns e entran os equipos de Estremadura
Na Segunda Federación repítese o grupo da campaña 24-25

Os equipos galegos da Primeira e Segunda Federación xa coñecen a distribución dos grupos para a vindeira temporada. En 1ª RFEF hai un cambio importante con respecto ao último ano. Caen os equipos cataláns e entra Estremadura e parte de Castela a Mancha. Haberá seis equipos galegos, unha das representacións máis importantes da categoría: Celta Fortuna, Arenteiro, Ourense Club de Fútbol, Lugo, Pontevedra e Rácing de Ferrol.
Completan o grupo o Tenerife, o Avilés, a Ponferradina, o Cacereño, o Mérida, o Talavera, o Real Madrid Castela, o Guadalaxara, o Zamora, o Unionistas de Salamanca, o Athlétic B, o Arenas de Getxo, o Osasuna Promesas e o Barakaldo.

Na Segunda Federación todo vai seguir igual con Galicia xogando a carón de Asturias, Cantabria e Castela e León, distribución xa empregada na 24-25. O Fabril, o Bergantiños, o Coruxo, a Sarriana e a Unión Deportiva Ourense xogarán contra o Langreo, Marino, Oviedo Vetusta e Lealtad asturianos, o Raio Cantabria e Sámano cántabros e o Astorga, Salamanca, Valladolid Promesas, Segoviana, Ávila, Burgos B e Numancia de Castela.