Novas

Antonio Serrat acada o bronce no mundial de dúatlon de Pontevedra
21/06/2025 21:29
O Mundial de Multideporte vai traer os mellores triatletas á capital do Lérez durante unha semana
O vigués foi en cabeza durante boa parte da carreira, pero acabou cedendo contra os franceses

Unha mala primeira metade priva do ascenso o Bembrive contra o Chiloeches (3-4)
21/06/2025 21:08
O conxunto de Guadalaxara, que xa gañara a ida (2-0), púxose 0-4 e sentenciou a eliminatoria
O Bembrive volveu acusar as ausencias, especialmente a de Clau, e só conseguiu marcar tres goles ao final
O equipo vigués queda ás portas do ascenso despois de gañar a Liga regular

A angustia de vivir á beira dunha estrada onde os coches pasan "coma lóstregos"
21/06/2025 21:03
Os veciños de Galdo, en Viveiro, reclaman un sistema para que os vehículos reduzan a velocidade na comarcal LU-P-6608

O Esplugues quítalle o ascenso ao Vilalba cun gol a 13" do final (4-2)
21/06/2025 20:46
As galegas defendían unha renda de dous goles, e adiantáronse cun gol de Noelia Pires
Os erros na saída de balón penalizaron ás galegas, que concederon tres goles
Na prórroga Paula Rodríguez anotaba para clasificar ás galegas dous do final
Pilar marcou o tanto do ascenso a 13" deixando ao Vilalba sen premio

Detido un mozo en Baiona acusado de crear e distribuír pornografía infantil
21/06/2025 20:03
A investigación está liderada polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Porriño

Trump mobiliza bombardeiros cara ao Pacífico mentres sopesa se atacar Irán
21/06/2025 20:01
O presidente norteamericano regresa a Washington para reunirse co seu equipo de seguridade nacional

Detido un veciño do concello sevillano de Brenes por un acoitelamento mortal
21/06/2025 18:01
Vítima e arrestado mantiveran unha discusión na rúa e o suposto agresor asestoulle unha coitelada

As nubes non se retiran de todo do norte
21/06/2025 16:19

O sector forestal galego contrata traballadores do Perú
21/06/2025 15:00
Ante a falta de man de obra, a Federación Empresarial de Serradoiros de Madeira de Galicia seleccionaron operarios cualificados no Perú
Os propios empresarios foron ata o país andino e ven como traballan mesmo na Amazonía
Tanto para os empresarios como para os traballadores peruanos a experiencia está a ser moi positiva

Éxito na poxa nacional da Raza Rubia Galega de Adai, no Corgo
21/06/2025 14:44
As xatas preñadas poxáronse a partir dos 3.000 euros

Óscar López asegura que Pedro Sánchez está forte e seguirá combatendo a corrupción
21/06/2025 14:37
Cuca Gamarra pide a dimisión de Pedro Sánchez e tamén da presidenta navarra
Yolanda Díaz responsabiliza da corrupción ao bipartidismo

As pasaxes ás Illas Cíes están xa completas nesta primeira fin de semana do verán
21/06/2025 14:28
As navieiras que operan as liñas ao Parque Nacional das Illas Atlánticas traballan para desestacionalizar o turismo e que os viaxeiros as visiten todo o ano
Das case 500.000 persoas que visitaron no 2024 as catro illas, Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada, máis da metade optaron polas Illas Cíes debido á fama das súas praias, area branca e augas transparentes

O quilo de sardiña anda entre os 8 e os 12 euros nas vésperas do San Xoán
21/06/2025 13:48
O luns só haberá sardiña fresca dos barcos que traballan coas artes do xeito, o racú e a piobardeira
A Consellería do Mar autorizou a pesca da sardiña desde as 12:00 horas do domingo ata as 12:00 do luns

A Mariña lucense aséntase coma un dos refuxios climáticos de España
21/06/2025 13:30
Nos últimos anos a temperatura media anual en Galicia incrementouse a un ritmo inferior ao do resto do país, cunha subida de 0,2 graos fronte aos 0,25 graos rexistrados a nivel nacional
En pleno verán, a diferenza entre as zonas menos calorosas do norte de Galicia e as máis quentes de Andalucía rozan os 25 graos

As administracións impulsan a vivenda industrializada como resposta á necesidade de vivenda
21/06/2025 13:30
Trátase dun modelo de construción e edificación máis rápido e sostible ca o convencional, un mercado en crecemento
En España o obxectivo é que se constrúan cada ano 15.000 vivendas por este sistema

O Son do Camiño inaugurou a temporada de festivais en Galicia, unha oferta cada vez máis consolidada
21/06/2025 13:30
Esta sexta edición mobilizou máis de 125.000 persoas

Rueda salienta na Bienal de Pontevedra o papel de Galicia como referente cultural
21/06/2025 13:29
O presidente da Xunta participou na apertura da 32ª edición do evento de arte contemporánea máis antigo de España

Unai Sordo, proclamado de novo secretario xeral de CC. OO. para os próximos catro anos
21/06/2025 13:21
Sordo foi reelixido para un terceiro mandato consecutivo por 692 votos a favor, 28 en branco e ningún en contra
Neste 13 Congreso Confederal, os máis de 700 delegados sindicais votaron a nova Secretaría Xeral, así como á Comisión Executiva Confederal e á de Garantías, ás que tamén se presentaron só unha candidatura
CC. OO. ten máis dun millón de afiliados e 112.000 delegados sindicais

Adrián Sieiro e Pablo Graña, campións de Europa de piragüismo
21/06/2025 12:59
O cangués impúxose na final de C1 200 nos campionatos de Racice, na República Checa
Adrián Sieiro acadou o ouro no C4 500 mixto

Pontón reivindica o BNG como alternativa ás "prácticas corruptas" do PSOE e do PP
21/06/2025 12:49
Defende que a súa formación leva "máis de 40 anos" xestionando institucións públicas "sen unha soa condena por corrupción"

A investigación a Cerdán avanza: rastrexan contas e correos e entran en xogo empresarios
21/06/2025 12:14
A causa esténdese xa a cinco empresarios. A UCO identificou "debidamente" as 11 obras que poderían terse adxudicado irregularmente durante o período de Ábalos en Transportes, segundo o xuíz.
A UCO accede á sede do PSOE por orde xudicial para clonar o correo de Cerdán
Feijóo: "España non merece vivir nunha redada permanente e televisada"

Interceptado un motorista en Sanxenxo que quintuplicaba a taxa de alcol permitida
21/06/2025 12:07
O home perdeu o control da motocicleta na rúa Cesteiros onde realizaban traballos de pintado
O condutor tamén foi denunciado por carecer de seguro obrigatorio e por non ter a ITV ao día

Máis de 20.000 persoas aspiran a unha praza nas oposicións do ensino en Galicia
21/06/2025 11:10
Dezaseis localidades das catro provincias acollen este sábado as probas de oposicións de Educación convocadas pola Xunta

Israel ataca instalacións nucleares iranís nunha nova noite de ataques cruzados
21/06/2025 08:43
As tropas hebreas bombardean Isfahan e Qom e provocan polo menos dúas vítimas mortais
O Exército iraniano lanza cinco mísiles no centro de Israel sen causar danos persoais

Alabart é profeta na súa terra e dálle o título da OK Liga ao Barcelona (5-9)
20/06/2025 22:18
O xogador coruñés foi a peza decisiva da eliminatoria diante do Liceo e decidiu o terceiro partido con tres goles

Descenso das temperaturas en toda Galicia
20/06/2025 22:00

Donald Trump di que España "sempre pagou moi pouco" á OTAN
20/06/2025 21:58
Insiste en que os aliados deberían destinar máis fondos á defensa
O Goberno espera que outros países apoien non aumentar o gasto en defensa ata o 5 %

Lección de baloncesto de Raquel Carrera no triunfo de España sobre Alemaña
20/06/2025 21:51
A xogadora ourensá foi a máis destacada do segundo partido do Eurobásket con 20 puntos

A artista galega Carlota Pereiro inaugura un bosque de esculturas na illa da Toxa
20/06/2025 21:22
Unha exposición coa que pretende sacarnos o neno que levamos dentro cunha volta ás súas orixes
Reflicte a relación tan especial que ela e a súa familia teñen con esta illa da Toxa

Dimite en bloque a executiva do PSOE de Salceda e os seus dous concelleiros
20/06/2025 21:18
Denuncian o control da dirección provincial, que impediu unha asemblea para renovar a executiva local
Critican que o partido queira “monitorizar todo” nun municipio que considera clave para recuperar a Deputación

Visibilidade mala e regular no litoral norte
20/06/2025 21:00

Catorce equipos compiten en Friol esta fin de semana nas Olimpíadas Rurais
20/06/2025 20:48
É a segunda edición dun evento no que os participantes disputan probas baseadas en xogos tradicionais como a comba, a cucaña, os zancos ou a chave
A cita serve para demostrar o dinamismo social e deportivo que hai en pobos do medio rural

Filipe VI advirte de que o reforzo da defensa europea é unha "necesidade real e apremante"
20/06/2025 20:36
O monarca participou no acto de clausura da promoción Jacques Delors 2024/2025 do Colexio de Europa

"Toda Ucraína é nosa": Putin pide diálogo entre Israel e Irán mentres reclama territorio para el
20/06/2025 20:17
O presidente ruso advirte do risco dunha terceira guerra mundial polo conflito en Oriente Próximo

A Xunta abre o martes o prazo para solicitar praza nas residencias xuvenís
20/06/2025 19:23
As solicitudes poderán presentarse desde o 24 de xuño durante un mes
Hai dispoñibles 233 prazas en Vigo, Ourense e Lugo para mozos de entre 16 e 30 anos

Bruxelas atopa indicios de que Israel violou os dereitos humanos en Gaza
20/06/2025 19:23
O informe contén feitos e avaliacións de supostas violacións dos dereitos en Gaza e será revisado polos estados membros da UE

Xoán Carlos I clausura o proxecto Bautismos de mar e prepárase para unha regata en Sanxenxo
20/06/2025 19:15
A iniciativa achegou ao mundo da vela a máis de 470 escolares de entre 6 e 12 anos do Salnés, incluídos rapaces do centro AMENCER-ASPACE de Vilagarcía

San Xoán 2025: toca conxelar as sardiñas para que cheguen frescas ao luns
20/06/2025 19:11
Polo San Xoán, a sardiña molla o pan
Disque cumprir coa tradición de comelas trae boa sorte

Os mellores na PAU reciben a súa homenaxe
20/06/2025 18:40
No evento, celebrado en Vigo, participaron preto de mil alumnos de 214 centros

Piden 5 anos e medio de cárcere para o condutor que matou dúas persoas na Coruña
20/06/2025 18:15
O accidente foi provocado por un exceso de velocidade nunha rúa urbana na Noiteboa do 2020
Tamén piden 8 anos de privación do permiso de condución e unha indemnización