Publicador de contidos

Publicador de contidos

As administracións impulsan a vivenda industrializada como resposta á necesidade de vivenda

As administracións impulsan a vivenda industrializada como resposta á necesidade de vivenda

Trátase dun modelo de construción e edificación máis rápido e sostible ca o convencional, un mercado en crecemento

En España o obxectivo é que se constrúan cada ano 15.000 vivendas por este sistema

G24.gal 21/06/2025 13:30

Vivenda industralizada, por módulos ou prefabricada. Trátase dun modelo de construción e edificación máis rápido e sostible có convencional. Un mercado en crecemento que conta co impulso das administracións para dar resposta á necesidade actual de vivenda.

Permite acelerar o proceso construtivo reducindo significativamente os tempos de entrega. Construír más rápido e mellor. A vivenda industrializada representa un cambio de modelo construtivo que aplica a innovación a todo o proceso desde o propio deseño. É a chamada arquitectura BIM, método que centraliza a información do proxecto nun modelo dixital no que colaboran todos os axentes implicados.

A construción industrializada conta co impulso das administracións. Da Xunta, desde o Observatorio da Vivenda de Galicia e en España co anuncio do Goberno dun PERTE, instrumento de colaboración público-privada, para mobilizar 1.300 millóns de euros en préstamos para que máis empresas muden cara a este modelo.  

Formúlase como parte da solución á necesidade de vivenda actual. Pero falar de acceso á vivenda é falar tamén de prezos accesibles. O sector confía en que cando a oferta se vaia equilibrando os prezos poidan baixar e ser competitivos. En España o obxectivo é que se constrúan cada ano 15.000 vivendas por este sistema.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade