Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Sanse tumba o Deportivo e sementa de dúbidas Riazor (0-3)

O Sanse tumba o Deportivo e sementa de dúbidas Riazor (0-3)

Gorka Carreira adiantou aos vascos no primeiro tempo

Balda e Gorosábel ampliaron a conta na segunda

Ao Deportivo faltáronlle fluidez e ideas

Segunda derrota consecutiva en Riazor

G24.gal 13/12/2025 22:13 Última actualización 13/12/2025 23:04

O Deportivo saltou o tapete de Riazor disposto a amosar que o da semana pasada co Castellón foi un accidente. Algo aillado. Un borrón na bonita historia desta temporada. Saiu con folgos renovados e con Yeremay dando o primeiro aviso, nunha clara ocasión que mandou fóra a porta baleira.

Mais co paso dos minutos o partido foise enlamando, ao tempo que o filial da Real Sociedade comezou a medrar. Ata equilibrar o choque. E neses minutos de igualdade, aproveitaron un erro de Patiño e unha acción veloz de Gorka Carreira para marcar. Minuto 30. De aí ata o descanso, nada.

A volta a afeccióin agarda a reacción. A versión máis contundente deste Deportivo. Pero co que topou foi coa mesma falta de fútbol. E pouca cousa agás algún detalle de Zaka ou algunha arrancada de Yeremay ou de Mella. E así foron pasando os minutos, co Sanse poñéndolle freo e ferro o partido e e co Deportivo á espera dalgún golpe de calidade.

E o que chegou no treito final foi primeiro un golpe e logo outro. Pero do Sanse. Primeiro un zapatazo descomunal do lateral Balda e despois outra manobra de Gorosábel. E 0-3. E segunda derrota en Riazor. Derrota que fala de falta de ideas, de fútbol. E sementa dúbidas. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade