Publicador de contidos

Publicador de contidos

Bruxelas atopa indicios de que Israel violou os dereitos humanos en Gaza

Bruxelas atopa indicios de que Israel violou os dereitos humanos en Gaza

O informe contén feitos e avaliacións de supostas violacións dos dereitos en Gaza e será revisado polos estados membros da UE 

Kaja Kallas. Europa Press Kaja Kallas. Europa Press
G24.gal 20/06/2025 19:23

A revisión do Acordo de Asociación entre a UE e Israel efectuada polo Servizo Europeo de Acción Exterior (SEAE) atopou "indicios" de que Tev Aviv non cumpriría cas súas obrigas dos dereitos humanos en Gaza.

"Sobre a base das avaliacións realizadas polas institucións internacionais independentes (...), existen indicios de que Israel estaría a incumprir as súas obrigacións en materia de dereitos humanos en virtude do artigo 2 do Acordo de Asociación entre a UE e Israel", afirma o informe do SEAE.

O informe, enviado hoxe os estados da Unión Europea, será debatido hoxe polos embaixadores durante esta fin de semana e o luns estará na mesa do Consello de ministros de Exteriores da UE.

Prevese que o xoves a alta representante da UE para Asuntos Exteriores e Seguridade, Kaja Kallas, informe aos líderes do bloque comunitario no cume de xuño que se fará en Bruxelas.

O informe esta baseado en feitos e avaliacións realizadas por institucións internacionais independentes ocorridos en Gaza e ofrece un breve resumo das denuncias de violacións graves do dereito internacional dos dereitos humanos (DIDH) e do dereito internacional humanitario (DIH).

A efectos da revisión do artículo 2 do Acordo de Asociación entre a UE e Israel, a análise está centrada nas supostas violacións de Israel no territorio palestino ocupado, non nas perpetradas por Hamás e outros grupos armados.

Ata 17 dos 27 Estados membros apoiaron en maio comezar coa revisión do acordo, reclamo que foi impulsado tamén por España nunha carta conxunta con Irlanda no 2024 e volta a pedir recentemente xunto con Eslovaquia e Luxemburgo.

A xefa da diplomacia e os estados membros seguirán insistindo en avanzar nas sancións contra os colonos israelís violentos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade