Publicador de contidos

Publicador de contidos

Israel acusa a Hezbollah de novos ataques e volve bombardear O Líbano

Israel acusa a Hezbollah de novos ataques e volve bombardear O Líbano

As tropas hebreas intensifican a ofensiva e deixan polo menos 4 persoas falecidas e 20 feridas

Dende o pasado 2 de marzo os ataques de Tel Aviv causaron a morte de 4 353 persoas neste país

Ataque israelí en Arab Salim este domingo. REUTERS/ Ali Hankir Ataque israelí en Arab Salim este domingo. REUTERS/ Ali Hankir
G24.gal 06/09/2026 08:19 Última actualización 06/09/2026 13:28

O Exército hebreo volveu atacar o sur do Líbano tras derrubar un dos dous drons que supostamente lanzou o grupo xiíta libanés de Hezbollah contra "soldados de Defensa de Israel na zona de seguridade".

Nun curto comunicado difundido nas súas redes sociais, as Forzas de Defensa de Israel (FDI) aseguran que o feito "constitúe unha fragrante violación por parte da organización terrorista Hezbollah".

Os militares xudeus reiteran a súa intención de seguir a operar na zona libanesa "para eliminar calquera ameaza contra civís israelís e soldados das FDI".

Segundo o balance provisional do Ministerio de Saúde Pública libanés, polo menos catro persoas morreron e outras 20 quedaron feridas nesta última ofensiva contra distintas localidades da rexión de Nabatieh.

De acordo coas cifras oficiais publicadas por este departamento o venres pasado, os ataques de Tel Aviv xa causaron a morte de máis de 4.353 persoas dende o 2 de marzo, cando comezou a guerra de Trump e Netanyahu contra Teherán.

É certo que dende o mes de xuño, cando se iniciaron as conversas directas entre o O Líbano e Israel, coa mediación dos Estados Unidos, a violencia  diminuíu.

Porén, o ministro de Defensa xudeu, Israel Katz, anunciou o venres a "conquista" da crista de Ali Taher, unha elevación estratéxica na que, segundo Israel, o grupo Hezbollah tiña un centro de mando subterráneo e depósitos de armas. 

Benjamin Netanyahu vía Facebook/REUTERS Benjamin Netanyahu vía Facebook/REUTERS
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade