Cargando resultados...
Antonio Serrat acada o bronce no mundial de dúatlon de Pontevedra
O Mundial de Multideporte vai traer os mellores triatletas á capital do Lérez durante unha semana
O vigués foi en cabeza durante boa parte da carreira, pero acabou cedendo contra os franceses
G24.gal
21/06/2025 21:29
Comezou en Pontevedra o Mundial de Multideporte que traerá ao longo de toda a semana os mellores triatletas do mundo.
Fíxoo coa proba de duatlon na que participaba o galego Antonio Serrat. O vigués estivo en cabeza no sector de bicicleta e durante boa parte da carreira a pé. Pero no treito final apareceron os franceses Benjamin Choquert e Arnaud Dely que conseguiron acabar por diante.
Serrat acabou a só catro segundos do gañador e co mesmo tempo que o segundo pero acabou levando a medalla de bronce.