Cargando resultados...
Pontevedra repite como sede do Campionato do Mundo Multideporte
Serrat: "É unha oportunidade para os que somos de aquí. Estou moi ilusionado"
G24.gal
20/06/2025 15:35
Última actualización 20/06/2025 15:41
Tras acoller catro mundiais, Pontevedra repite como sede do Campionato do Mundo Multideporte. Dez días con probas que van dende dúatlon ata tríatlon cros, longa distancia ou ácuatlon. Esta tarde terá lugar a inauguración e a partir de mañá arranca a competición.
Unha ampla representación galega, liderada polo olímpico vigués Antonio Serrat, quen nesta ocasión disputará o mundial de dúatlon.
"É unha oportunidade para os que somos de aquí. Estou moi ilusionado".
En Hamburgo, dentro de dúas semanas, disputará Serrat a cuarta proba das Series Mundiais.