Luca de la Torre regresará ao Celta tras a cesión no San Diego
O norteamericano aínda ten contrato ata xuño de 2026
Finalizada a competición, o San Diego, da MLS, anunciou nas últimas horas que o futuro de Luca de la Torre non seguirá ligado ao club despois do ano de cesión, que termina este 31 de decembro.
A súa continuidade para o 2026 foi descartada -había unha opción de compra que non se executará-, de modo que avanzan que o centrocampista regresará ao Celta, co que aínda ten contrato ata xuño do próximo ano.
Nos dez duelos con Giráldez á fronte tras relevar a Rafa Benítez en marzo do 2024, a súa participación máis longa foron os 46 minutos que xogou ante o Granada, a súa única titularidade, seguida dos 44 da segunda metade ante o Vilarreal pouco antes.
Roster News
— San Diego FC (@sandiegofc) December 9, 2025
San Diego FC Announces Roster Decisions to Conclude 2025 Season.
More » https://t.co/lo3NibyNXj pic.twitter.com/vgWIUN1Xrb