Publicador de contidos

Publicador de contidos

Mario Soriano: "É bo facerse fortes na casa"

Mario Soriano: "É bo facerse fortes na casa"

Recoñece a superioridade do Castelló e pasa páxina pensando na Real

G24.gal 10/12/2025 15:17 Última actualización 10/12/2025 15:31

O Deportivo encaixou o domingo a súa primeira derrota da tempada en Riazor. O Castelló impúxose con claridade e deixou ao descuberto as dificultades dun equipo que chegaba lanzado despois de cinco vitorias consecutivas.

Mario Soriano recoñeceu tras o encontro que foi “un partido difícil e duro no que o Castelló foi mellor”, e sinalou que o rival soubo incomodar os coruñeses cunha presión moi alta, un escenario que, admite, lles custa máis xestionar.

“Nos partidos que gañamos o equipo estivo ben e tivo control”, lembrou.

A pesar do golpe, o centrocampista apelou á tranquilidade e puxo en valor o camiño percorrido nas últimas semanas.

“Conseguimos cinco vitorias seguidas, e iso hai que valoralo. Seguimos arriba. Agora toca pensar na Real”, dixo, lembrando que o grupo debe manter o equilibrio emocional.

“Todos sabemos como se vive isto na Coruña. Cando vai mal non somos tan malos e cando vai ben non somos tan bos. Hai que ter os pés no chan”, advertiu.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade