A Mariña lucense aséntase coma un dos refuxios climáticos de España
Nos últimos anos a temperatura media anual en Galicia incrementouse a un ritmo inferior ao do resto do país, cunha subida de 0,2 graos fronte aos 0,25 graos rexistrados a nivel nacional
En pleno verán, a diferenza entre as zonas menos calorosas do norte de Galicia e as máis quentes de Andalucía rozan os 25 graos
Durante a pandemia, Galicia converteuse nun destino seguro para os que buscaban espazos naturais e actividades ao aire libre sen grandes masificacións, e nese momento, moitos descubriron A Mariña, un dos chamados refuxios climáticos de España. O seu microclima fresco atrapa cando o resto da península abafa na época estival.
Os datos recollidos polas oficinas de turismo municipais dos concellos da comarca reflicten un incremento do 25% no número de visitantes que recibiron no mes de maio e xuño, cada vez más estranxeiros.
As temperaturas frescas atraen cada ano máis visitantes, un bo exemplo de todo isto é Ribadeo, a localidade a cabalo entre Galicia e Asturias. A boa gastronomía e a pouca masificación da contorna son outros factores que salientan os turistas.