Publicador de contidos

Publicador de contidos

Hidalgo asume o mal momento: "O importante é atopar o equilibrio que deixamos de ter"

Hidalgo asume o mal momento: "O importante é atopar o equilibrio que deixamos de ter"

O adestrador do Deportivo recoñece o mal último partido: "Seguramente foi o peor desde que estou aquí"

G24.gal 29/10/2025 11:30 Última actualización 29/10/2025 11:39

O Deportivo prepara a eliminatoria de Copa cos ecos do empate contra o Valladolid en Riazor, que ampliou a cinco partidos o refacho sen gañar.

"Seguramente foi o peor partido desde que estou aquí. O mellor foi o resultado. Falamos do que queremos, onde empezamos e onde queremos ir. Hai unha igualdade máxima na categoría que os últimos anos non se vía. O importante é atopar equilibrio que deixamos de ter. O equipo está feito para ter balón", afirmou Antonio Hidalgo.

Referiuse á Copa como unha oportunidade para "ser constantes e plasmar as ocasións ante o Sámano". O adestrador do equipo coruñés recoñeceu que haberá oportunidades para os menos habituais do primeiro equipo e varios fabrilistas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar