Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morren dúas persoas ao bater un buque escola mexicano contra a ponte de Brooklyn

Morren dúas persoas ao bater un buque escola mexicano contra a ponte de Brooklyn

Outros dezanove tripulantes quedaron feridos, dous deles de gravidade

Polo momento descoñécense as causas do sinistro que ocorreu durante a manobra de partida

REUTERS/Santiago Lyon
G24.gal 18/05/2025 08:29 Última actualización 18/05/2025 14:24

O aparatoso accidente do buque escola Cuauhtémoc na ponte de Brooklyn, en Nova York, deixa un balance provisional de dúas persoas falecidasdezanove feridas, dúas delas graves.

O buque insignia da Mariña mexicana, que transportaba 277 tripulantes, bateu contra a ponte por razóns aínda sen determinar e rachou os tres mastros, a imaxe foi gravada con móbil por numerosos transeúntes.

Nunha comparecencia, o alcalde da cidade, Eric Adams, explicou que as persoas feridas foron trasladadas ao hospital local de Bellevue e aclarou que "ninguén caeu á auga", aínda que houbo unha despregadura importante de mergulladores de emerxencias.

O rexedor estaba acompañado polo embaixador de México, Esteban Moctezuma, quen asegurou que os feridos están a recibir "o mellor tratamento" no hospital, e engadiu que a Secretaría da Mariña está agora buscando as familias para informalos.

Investigación do accidente

As autoridades de transporte federais están a investigar o accidente, e a información preliminar apunta a uns "problemas mecánicos" do barco, segundo divulgaron na comparecencia.

Os servizos de emerxencias acudiron á zona no momento do accidente, pasadas as oito da tarde, cando aínda había luz, e durante unha hora mantiveron pechado o tráfico de vehículos sobre a ponte.

Na comparecencia, un representante municipal confirmou que "non hai ningún dano de magnitude na ponte".

Testemuños gráficos

Segundo imaxes gravadas por testemuñas e compartidas en redes sociais, os tres mastros do navío romperon un tras outro ao bater contra a ponte, e o barco avanzou cara a un peirao que se atopa na súa base.

O Cuauhtémoc, buque escola que se fixo por primeira vez á mar no 1982, arribou á Gran Mazá o 13 de maio nunha misión de diplomacia pública, formación naval e promoción cultural, e o seu próximo destino era Islandia, onde ía emprender unha ruta tras desembarcar este domingo.

A Secretaría da Mariña de México indicou nunha mensaxe en X que o contratempo se produciu durante "a manobra de partida" e "provocou danos" no barco. Ademais, confirmou máis tarde que "ningún elemento caeu á auga, polo que non foi necesaria a activación de operacións de rescate".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade