Publicador de contidos

Publicador de contidos

Lección de baloncesto de Raquel Carrera no triunfo de España sobre Alemaña

Lección de baloncesto de Raquel Carrera no triunfo de España sobre Alemaña

A xogadora ourensá foi a máis destacada do segundo partido do Eurobásket con 20 puntos

G24.gal 20/06/2025 21:51

A ourensá Raquel Carrera demostrou estar totalmente recuperada da súa lesión de nocello e foi a xogadora máis destacada da selección española feminina no segundo triunfo noutros tantos partidos do Eurobásket 2025. España gañoulle por 79-60 a Alemaña con 20 puntos e 4 rebotes de Carrera en menos de 17 minutos. Tamén tiveron unha achega destacada as outras dúas galegas. Paula Ginzo asinou 8 puntos e María Araújo 4 puntos e 6 rebotes. 

O partido decidiuse no último cuarto. Ata o descanso a igualdade era máxima (36-33). O segundo tempo comezou cunha tripla de Carrera e España conseguiu distanciarse poñendo unha marxe próxima aos dez puntos. No derradeiro cuarto o equipo do vigués Miguel Méndez acabou sentenciando cun parcial de 25-17 para deixar un resultado moi contundente. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade