Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unai Sordo, proclamado de novo secretario xeral de CC.OO. para os próximos catro anos

Unai Sordo, proclamado de novo secretario xeral de CC.OO. para os próximos catro anos

Sordo foi reelixido para un terceiro mandato consecutivo por 692 votos a favor, 28 en branco e ningún en contra

Neste 13 Congreso Confederal, os máis de 700 delegados sindicais votaron a nova Secretaría Xeral, así como á Comisión Executiva Confederal e á de Garantías, ás que tamén se presentaron só unha candidatura

CC.OO. ten máis dun millón de afiliados e 112.000 delegados sindicais

Unai Sordo, tras ser proclamado secretario xeral de CC.OO., con Yolanda Díaz, vicepresidenta segundo do Goberno, e Joaquín Pérez, secretario de Estado de Traballo. Foto:EFE/Mariscal Unai Sordo, tras ser proclamado secretario xeral de CC.OO., con Yolanda Díaz, vicepresidenta segundo do Goberno, e Joaquín Pérez, secretario de Estado de Traballo. Foto:EFE/Mariscal
G24.gal 21/06/2025 13:21

Unai Sordo foi proclamado secretario xeral de CCOO, de novo este sábado,  tal como estaba previsto. A de Sordo era a única candidatura para liderar Comisións Obreiras. Unha vez máis Sordo estará á fronto do sindicato os próximos catro anos tras ser apoiado polo 96,11 % dos delegados sindicais presentes no 13 Congreso Confederal.

O 13 Congreso Confederal de CC.OO. comezou o xoves e clausurouse este sábado. Nel, os máis de 700 delegados sindicais votaron a nova Secretaría Xeral, así como á Comisión Executiva Confederal e á de Garantías, ás que tamén se presentaron só unha candidatura.

Neste congreso, Sordo foi reelixido para un terceiro mandato consecutivo por 692 votos a favor, 28 en branco e ningún en contra.

O prazo de presentación de candidaturas terminou onte pola mañá e, pola tarde, tiveron lugar as eleccións mediante un sistema de votación electrónica que "asegura o sufraxio libre e secreto", aínda que o resultado fíxose público este sábado, antes da sesión de clausura do Congreso Confederal.

Unai Xordo liderará ata 2029, no seu terceiro e último mandato, o primeiro sindicato de España, con máis dun millón de afiliados e 112.000 delegados sindicais.

Unai Sordo, secretario xeral de CC.OO. no 13 Congreso Confederal. Foto: EFE/ Fernando Villar Unai Sordo, secretario xeral de CC.OO. no 13 Congreso Confederal. Foto: EFE/ Fernando Villar

Yolanda Díaz paraticipa na Clausura do XIII Confederal de CC.OO.

Na clausúraa do 13 Congreso de CC.OO. participou a vicepresidenta segunda e ministra de Traballo, Yolanda Díaz, quen quixo ter unhas palabras para Sordo, que "toma de novo as rendas do sindicato máis grande do noso país. É unha enorme responsabilidade".

"Vivimos moitas crises xuntos e nelas é cando se ve a maneira dun dirixente. Cando as cousas van ben, é fácil. Pero cando o PIB esborrállase e pensas que todo se vai ao garete, eu douche as grazas por altura de miras, no persoal, porque nos momentos clave sempre estiveches aí", dixo Díaz.

Na xornada deste sábado, tamén foi aprobada unha resolución xeral única consensuada durante o Congreso que rexeita o "xenocidio" de Gaza a mans de Israel e a "ocupación" do Sahara polo réxime marroquí.

O sindicato, na súa declaración, tamé reclama protexer os dereitos dos máis vulnerables, como os migrantes, á vez que apela a reforzar a loita contra a LGTBIfobia.

No documento tamén se critica a política adoptada por Estados Unidos, entre outras cousas, en materia de defensa; e reclama neste ámbito unha política autónoma no seo da Unión Europea.

CC.OO pon o acento, no ámbito nacional,  no problema da vivenda, así como na corrupción, que son "prácticas intolerables en termos éticos"; mentres que, en clave social, se aposta pola inclusión das persoas con discapacidade, o fortalecemento dos servizos públicos e a erradicación do acoso e violencia contra as mulleres, incluíndo a "abolición do sistema prostitucional". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade