Detido un veciño do concello sevillano de Brenes por un acoitelamento mortal
Vítima e arrestado mantiveran unha discusión na rúa e o suposto agresor asestoulle unha coitelada
A Garda Civil detivo un veciño da localidade sevillana de Brenes, de 28 anos, acusado de matar dunha coitelada un mozo de 25 a pasada madrugada neste concello.
Un particular topou o cadáver nun banco público cunha coitelada á altura do estómago e avisou aos servizos de emerxencia. Ambos os dous, que ao parecer non se coñecían, atopáronse na rúa e comezaron unha discusión.
Nun momento da lea, o presunto agresor entrou na súa vivenda e volveu cun coitelo, co que supostamente matou a vítima. Barállase a posibilidade de que ningún fose consciente da gravidade da ferida, xa que o agredido marchou polo seu propio pé.
O xuíz de garda de Lora del Río levantou ás 7:45 horas o cadáver, que se atopa no Instituto de Medicina Legal para lle practicaren a autopsia.