Publicador de contidos

Publicador de contidos

Deteñen un quinto implicado na pelexa de Pontevedra e buscan un sexto

Deteñen un quinto implicado na pelexa de Pontevedra e buscan un sexto

Trátase dun mozo de nacionalidade colombiana de entre 20 e 25 anos

A Policía Nacional xa traballa na busca do sexto implicado, identificado pola aparición de novas probas

G24.gal 11/06/2025 14:21

A Policía Nacional detivo nas últimas horas a unha quinta persoa implicada na pelexa do pasado martes 3 de xuño en Pontevedra, na que tres mozos de orixe magrebí foron acoitelados.

Segundo fontes, trátase dun mozo de nacionalidade colombiana e de idade similar aos outros arrestados, entre 20 e 25 anos. Este terá que declarar, igual ca os outros detidos.

A maxistrada do Xulgado de Instrución número 3 acordou o ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza, do detido.

Grazas ás declaracións dos catro detidos, a policía puido identificar e deter este novo implicado. A previsión é que nas próximas horas poida pasar a disposición xudicial.

A pesar de identificar e deter a este novo implicado, a Policía Nacional segue na busca dun sexto implicado que se deu á fuga. Os axentes xa lle seguen a pista, mais non puideron definir onde se atopa. 

Este sexto implicado trataríase dun mozo da mesma idade ca o anterior, que sería un dos agresores das coiteladas que remataron con 3 feridos no hospital.

Este avance na investigación débese a que os axentes da Policía Nacional regresaron hai 2 días ao lugar dos feitos por orde xudicial en busca de máis armas que se utilizasen na pelexa. 

Segundo fontes próximas á investigación, os axentes atoparon un segundo coitelo e outros obxectos que serven coma probas do acontecido.

Dous dos detidos xa se atopan no cárcere, enviados pola xuíza, investigados por delitos de lesións agravadas e homicidio en grao de tentativa. Os outros dous quedaron en liberdade coa obriga de realizar comparecencias periódicas no xulgado, retirada do pasaporte, prohibición de abandonar o país e tampouco poderán acercarse a ningunha das tres vítimas nin comunicarse con elas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade