Detido en Almería por matar a puñaladas a seu pai tras unha pelexa
A vítima faleceu tras ser agredida por unha ferida de arma branca no pescozo
Preto do lugar do crime, a Policía atopou un coitelo de grandes dimensións

A Policía Nacional detivo en Almería un home acusado da morte a puñaladas do seu pai tras unha pelexa rexistrada este mércores pola tarde xunto á praza de touros da capital.
Os axentes recibiron un aviso sobre as 18:30 horas. Á súa chegada ao lugar, descubriron un home tendido no chan sangrando e dous cidadáns practicándolle manobras de reanimación.
Cando chegaron os servizos médicos só puideron certificar a súa morte. Á espera dos resultados da autopsia, a vítima faleceu por unha ferida de arma branca no pescozo.
Preto de alí, a policía atopou un coitelo de grandes dimensións coa súa funda, unha arma presumiblemente utilizada na agresión. Tamén localizaron nunha cafetería un home moi alterado e manchado de sangue, segundo advertiron varios clientes do local.
Tras comprobaren os indicios que o relacionaban cos feitos, foi detido. Pouco despois, acreditaron que era o fillo da vítima. O presunto homicida ten antecedentes por roubos, ameazas e violencia de xénero.