Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		Once persoas feridas nun acoitelamento múltiple nun hipermercado norteamericano
Tres das persoas feridas tiveron que ser operadas de urxencia
                
                    
                        O suceso produciuse nun establecemento da cadea Walmart en Míchigan
                    
                    
                    
                    
            
        
                            G24.gal
                        
                            27/07/2025 14:17
                        
                        
                        
                        
                    
                    Polo menos once persoas quedaron feridas nun acoitelamento múltiple rexistrado nun hipermercado de Míchigan, nos Estados Unidos norteamericanos.
O suceso produciuse pouco antes das seis da tarde deste sábado, nun centro da cadea Walmart, cando un home comezou a atacar cun coitelo á xente que estaba no lugar.
A Policía de Michigan non facilitou, polo momento, nin a identidade nin os posibles motivos do agresor
A consecuencia do ataque foron atendidas no hospital da zona once persoas, tres das cales tiveron que ser operadas de urxencia. A policía detivo ao agresor, do que non facilitou nin a identidade nin os posibles motivos do ataque.
 
         
                
                
				   
             
    
         
                 
    
         
    
         
    
         
            
         
            
                