Publicador de contidos

Publicador de contidos

O alcalde do Porriño di que a empresa do SAF sabía que a traballadora asasinada non quería volver a ese domicilio

O alcalde do Porriño di que a empresa do SAF sabía que a traballadora asasinada non quería volver a ese domicilio

O detido pola morte da traballadora de axuda no fogar no Porriño segue ingresado e podería declarar ante a xuíza este xoves

Os sindicatos reclaman das administracións medidas que garantan a seguridade das traballadoras do Servizo de Atención no Fogar

A empresa Aralia afirma que Teresa comunicou que era acosada o mesmo día da súa morte

G24.gal 30/07/2025 14:51

A concesionaria do Servizo de Axuda non Fogar (SAF) do Porriño (Pontevedra), Aralia, era coñecedora do rexeitamento da vítima para traballar na casa onde ocorreu o crime. Así o dixo o alcalde, Alejandro Lorenzo, en conferencia de prensa.

Tal como indicou o rexedor, a compañía trasladou nas últimas horas aos Servizos Sociais do Concello que a empregada si mostrara o seu desexo de non querer prestar o servizo no domicilio dos feitos, polo que a empresa ía cambiala.

A empresa afirma nun informe que foron coñecedores do acoso que sufría a súa empregada Teresa o mesmo día da súa morte, aínda que a véspera ela xa lles trasladou que a relación co presunto culpable era complicada.

O documento sinala que o luns, véspera da morte, recibiron unha chamada do Concello do Porriño para comunicarlles que a filla da usuaria á que Teresa atendía, muller do home detido polo asasinato, tivera unha reunión con Servizos Sociais para trasladarlles que a asistenta non cociñaba.

Teresa comunicoulles que o marido da usuaria, por petición deste, era quen se encargaba da tarefa e na conversación ela aproveitou para referir que a usuaria era reticente ao aseo e que en ocasións lle levantaba a man, e que tamén o marido demandaba moita atención e lle dificultaba o traballo. 

O día dos feitos, ás 08:28 horas Teresa chamou para comunicar que renunciaba ao servizo e desde Aralia preguntáronlle os motivos, ante o que ela respondeu que o luns sufrira unha situación de acoso e que non ía permitilo.

Tamén se vai presentar na causa a CIG, que este mediodía se manifestaba, precisamente, diante do concello. O sindicato reclama a suspensión do servizo "mentres non se garanta a seguridade das súas traballadoras", pero o alcalde descartouno. "O servizo ten que continuar", díxolles aos xornalistas.

Para os sindicatos, o asasinato de Teresa representa a proba máis desgarradora da precariedade coa que traballan no Servizo de Axuda no Fogar. 

Margarida Corral, secretaria Confederal das Mulleres, da CIG, reivindica "protección absoluta para que ningunha muller volva sufrir violencia no traballo".

Para o delegado do Goberno en Galicia, este é un crime "dun contexto que non se debe xeneralizar nin causar alarma". Segundo Pedro Blanco, "desgraciadamente, este tipo de cousas pasan e imos ver que di a investigación".

Dende a Xunta fan un chamamento a todas as traballadoras do SAF que sufran acoso. Fabiola García, conselleira de Benestar Social, pídelles que acudan "á empresa, ao concello, que é o competente na prestación do servizo do SAF, ou a un cuartel da Garda Civil, porque a denuncia a única maneira de protexelas".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar