Publicador de contidos

Publicador de contidos

Interceptado un motorista en Sanxenxo que quintuplicaba a taxa de alcol permitida

Interceptado un motorista en Sanxenxo que quintuplicaba a taxa de alcol permitida

O home perdeu o control da motocicleta na rúa Cesteiros onde realizaban traballos de pintado

O condutor tamén foi denunciado por carecer de seguro obrigatorio e por non ter a ITV ao día

G24.gal 21/06/2025 12:07

A Policía Local de Sanxenxo interceptou un condutor de motocicleta que case quintuplicaba a taxa máxima de alcoholemia permitida. Segundo fontes municipais, o motorista perdeu o equilibrio e caeu na rúa Cesteiro, onde realizaban traballos de pintado.

Os axentes acudiron a socorrelo e decatáronse de que presentaba importantes síntomas de embriaguez, polo que lle realizaron as probas pertinentes. O home case multiplicaba por cinco a taxa máxima de alcol permitida.

Os axentes instruíron dilixencias xudiciais e o condutor tamén foi denunciado por carecer de seguro obrigatorio e de ITV ao día. O vehículo quedou inmobilizado no depósito municipal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade