Publicador de contidos

Publicador de contidos

Adrián Sieiro e Pablo Graña, campións de Europa de piragüismo

Adrián Sieiro e Pablo Graña, campións de Europa de piragüismo

O cangués impúxose na final dos campionatos de Racice, na República Checa

Adrián Sieiro acadou o ouro no C4 500 mixto

Foto: @RFEPiraguismo
G24.gal 21/06/2025 12:59

Dobre éxito galego na primeira xornada de finais dos campionatos de Europa de piragüismo de Racice, na República checa.

Pablo Graña acadou a primeira medalla para o piragüismo galego nos campionatos. O cangués impúxose na final para pendurar a medalla de ouro, primeira que acada na competición continental en solitario. Ata o momento tiña dúas pratas acadadas en 2022 e 2024, e outro ouro en C2 200, o que acadou en Poznan en 2021. Ademais, este é o 10 metal internacional do canoísta. Ten tamén tres ouros mundiais en C2 e C4; e un ouro e un bronce nos xogos europeos.

O segundo metal, e tamén de ouro, chegou na última das finais con representación española. O C2 500 mixto, con Adrián Sieiro xunto a Angels Moreno, María Corbera e Daniel Grijalba, impúxose na final para proclamarse campión de europa. 

A xornada de finais deixou un total de sete metais para a delegación española. Houbo un terceiro ouro para o C2 500 feminino de Viktoria Yarchevska e Angels Moreno. A ucraína nacionalizada española acadou ademais o bronce en C1 200. E o K4 500 feminino, formado por Sara Ouzande, Lucía Val, Estefanía Fernández e Bárbara Pardo acadou a prata. Tamén hai que dar conta do bronce de Juan Antonio Valle en KL3 200; do bronce de Laura Pedruelo en K1 1000; e da prata de Álex Graneri en K1 500. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade