Publicador de contidos

Publicador de contidos

Óscar López asegura que Pedro Sánchez está forte e seguirá combatendo a corrupción

Óscar López asegura que Pedro Sánchez está forte e seguirá combatendo a corrupción

Cuca Gamarra pide a dimisión de Pedro Sánchez e tamén da presidenta navarra

Yolanda Díaz responsabiliza da corrupción ao bipartidismo

G24.gal 21/06/2025 14:37 Última actualización 21/06/2025 21:24

Un día despois da entrada da UCO na sede do PSOE en Ferraz, o partido popular volveu pedir a dimisión de Pedro Sánchez e a convocatoria de eleccións. Mentres, o líder dos socialistas madrileños, Óscar López admite que están sendo unhas semanas moi duras pero asegura que Pedro Sánchez está forte e sabe o que ten que facer.

Nun acto do partido socialista madrileño, o ministro de Transformación Dixital, Óscar López, defendeu a resposta dos socialistas diante dos presuntos casos de corrupción que lles afectan. Asegura que non van tolerar que uns poucos manchen a tarefa colectiva do Goberno e tampouco aceptan críticas dun partido que ten a súa sede pagada con diñeiro negro.

"Aquí non se pasa nin unha, se pide a cabeza de quen a fai, noutros partidos piden a cabeza do que denuncia. Temos claro o que temos que facer, o presidente ten claro o que ten facer e estao facendo, imos ser implacables coa corrupción".

Desde Pamplona, a secretaria xeral do  PP, Cuca Gamarra, asegura que estamos diante do maior caso de corrupción na historia da democracia española que comezou, dixo, en Navarra.

"Está claro que o touro da lei empitonou xa aos corruptos e todo comezou aquí en Navarra, e non é só Pedro Sánchez quen ten que asumir responsabilidades, tamén a presidenta Chivite".

A vicepresidenta Yolanda Díaz, na clausura do congreso de CCOO, responsabilizou da corrupción ao bipartidismo do PSOE e do PP.

"E iso é co que hai que acabar dunha vez no noso país, cunha forma de goberno que concitan dous partidos".
"Non sabemos cando será pero este goberno está morto", engade a líder de Podemos.

Á espera de novos informes da UCO, o próximo luns Koldo Garcia e José Luis Abalos volverán ao Tribuanl Supremo para prestar declaración. E para o lúns día 30 está citado o terceiro imputado, o exsecretario de Organizacion do PSOE, Santos Cerdán.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade