Novas

26/06/2025 09:09

O Ministerio de Consumo regulará, de forma inminente, a "publicidade do medo"
26/06/2025 08:50
O Ministerio subliñou que se trata dun tipo de publicidade comunmente utilizada por empresas de seguridade que basea a súa efectividade en presentar escenarios extremos ou improbables, como roubos violentos ou vulnerabilidades catastróficas
O Ministerio de Bustinduy defende a necesidade de regular este tipo de prácticas co obxectivo de garantir un equilibrio no mercado, promovendo unha comunicación ética que priorice a transparencia e o respecto polo consumidor

Pendentes das brétemas costeiras
26/06/2025 08:33

A OPA do BBVA perdeu o seu atractivo?, por Maite Cancelo
26/06/2025 08:04

O Real Madrid de Abalde prolonga o seu dominio na Liga ACB
25/06/2025 22:50
Gañou a final diante do Valencia Básket impoñéndose nos tres primeiros partidos

A Yago Santiago non lle chega a hora de poder debutar en Primeira División
25/06/2025 22:41
O xogador vigués, de 22 anos, formará parte do cadro de xogadores do Elxe, que acaba de subir á máxima categoría

Despois dun xoves de transición volve o anticiclón
25/06/2025 22:09

O Deportivo Abanca consegue reter a porteira Inés Pereira
25/06/2025 22:05
A internacional portuguesa foi a xogadora máis destacada da temporada 2024-25
Terá un segundo ano de cesión do Evertón inglés

A Armada traballa nun portavións capaz de operar 30 aeronaves de última xeración
25/06/2025 21:39
A empresa pública Navantia xa estuda a viabilidade deste novo buque por encargo
A idea é non pechar as portas a novas adquisicións máis alá dos Harrier cos que opera o busque Xoán Carlos I
Encádrase no proceso de modernización da frota

Gilsanz rexeita a oferta do Deportivo e pon fin a un vencello que duraba sete campañas
25/06/2025 21:07
O club ofrecéralle ser o coordinador da escola de adestradores, pero o betanceiro prefire continuar a súa carreira como técnico
Os últimos sete meses chegou o seu momento estelar ao ter a posibilidade de dirixir o primeiro equipo

Marusía en Bares e na Costa da Morte
25/06/2025 20:31

Sánchez confirma que se presentará ás eleccións xerais de 2027
25/06/2025 19:59
O presidente reitera a súa intención de esgotar a lexislatura e deféndese das críticas polo caso Koldo
Afirma que o PSOE foi “implacable” contra a corrupción, a diferenza do PP

Sete mulleres e un neno asasinados en crimes machistas no mes de xuño
25/06/2025 19:44
Confirmouse a natureza machista do dobre crime de Algemesí, co que son xa 17 mulleres asasinadas no que vai de ano
Ana Redondo, ministra de Igualdade, subliñou que estamos nunha situación de alerta máxima por violencia de xénero
O Goberno aprobou hai dúas semanas reforzar durante o verán os servizos de atención a vítimas

Vega, a app contra a violencia machista feita por dous policías vigueses
25/06/2025 19:44
A app utiliza intelixencia artificial para alertar dos casos sen que se utilice directamente
Todavía está na fase avanzada de probas piloto e ten catro creadores

Para viaxar con maior seguridade, cómpre realizar unha revisión completa do vehículo
25/06/2025 19:37
Os expertos recomendan revisar o estado dos pneumáticos, freos, suspensión, luces, aceite, batería e climatizador

Falece un traballador tras caer dende unha altura en Carballeda de Valdeorras
25/06/2025 19:28
O accidente produciuse no lugar de Soutadoiro

Aparece o cadáver dunha muller desaparecida en Guadalaxara nun posible caso de violencia machista
25/06/2025 19:00
O cadáver foi atopado en Ruquilla, Guadalaxara, e cadra coa descrición da desaparecida
Xa se espera a identificación do cadáver para a confirmación da identidade

Unha excepcional Raquel Carrera lidera o triunfo de España ante Chequia por 88-81
25/06/2025 18:30
A ourensá logrou 31 puntos (19-19 en tiros libres)
A selección xogará a semifinal do Europeo e tamén clasifícase para o Mundial de 2026

Atopan os cadáveres dun home e unha muller nas Palmas, con indicios de crime machista
25/06/2025 18:24
A filla da muller desprazouse á vivenda porque a súa nai non acudiu traballar e deu aviso ao 112
O corpo do home foi atopado na planta superior da vivenda no rexistro da policía
As primeiras pescudas apuntan a que o home puido aforcarse tras cometer o crime

A Aemet avisa da primeira vaga de calor, que chegará o sábado
25/06/2025 17:28
A Aemet avisa de que se poderán alcanzar ata os 42 graos
A vaga comeza o sábado e os días máis calorosos serán o luns e o domingo

Álex López é o novo director da canteira do Rácing de Ferrol
25/06/2025 17:01
Ademais de encargarse da canteira tamén desempeñará outras tarefas administrativas relacionadas co fútbol base
A entidade aposta polo talento local e pola identidade ferrolá

Trump ameaza España con represalias comerciais por non comprometerse co 5 % en defensa
25/06/2025 16:44
O estadounidense considera inxusto que España non pague o mesmo que o resto de socios
Advertiu de que negociará un acordo que fará que España pague o dobre comercialmente para compensar a situación

Dimiten os catro concelleiros socialistas de Oia por discrepancias coa nova executiva local
25/06/2025 16:38
Os edís denuncian falta de recoñecemento e aseguran que a situación dificulta o seu labor
O Concello está gobernado polo PP con maioría absoluta

Un turismo esnáfrase contra a fachada dun edificio en Bergondo
25/06/2025 16:34
O coche quedou encaixado, pero non houbo que lamentar feridos

25/06/2025 16:19

Aagesen asegura que Altri "non vai contar con axudas por parte do Estado"
25/06/2025 16:12
A vicepresidenta terceira e ministra para a Transición Ecolóxica e o alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitaron este mércores o proxecto de rexeneración dunar da praia de Samil
A Xunta reclama trato igualitario para Galicia tras a negativa do Goberno a apoiar a Altri

Detidas tres persoas en Vilanova de Arousa nun operativo contra o tráfico de drogas
25/06/2025 16:06
Os axentes da Policía Nacional seguen investigando por máis posibles detencións

25/06/2025 16:03
O cadáver foi atopado no interior dun caldeiro do lixo en avanzado estado de descomposición, o que dificultou a identificación
A muller levaba desaparecida dende o mes de maio
Está previsto que o detido pase a disposición xudicial este xoves

Confirman a multa de 10.800 euros a Rubiales por agresión sexual a Jenni Hermoso
25/06/2025 16:02
A Audiencia Nacional avala que o bico foi sen consentimento e con connotación sexual
Rexeita as coaccións e mantén a orde de afastamento e a indemnización á futbolista

O Supremo confirma que non amnistía a Puigdemont e abre a vía para que recorra ao Constitucional
25/06/2025 15:39
A Sala de Apelación ratifica a exclusión do delito de malversación da lei de amnistía
Puigdemont e Comín poden agora presentar recurso ante o Tribunal Constitucional

O TSXG confirma a sentenza de 23 anos de cárcere para o home que asasinou a súa parella na Coruña
25/06/2025 15:22
Foi declarado culpable dun asasinato consumado
Confirmouse que acoitelou a falecida co propósito de rematar coa súa vida

O Tribunal Constitucional avalará este xoves a lei de amnistía
25/06/2025 15:14
Considera que a norma está dentro da Constitución e non é arbitraria nin "froito dun capricho"
A lei da amnistía permitiría borrar a responsabilidade penal, contable e administrativa nas causas do procés entre 2011 e 2023
Esta sentenza marcará o camiño ao resto dos trinta recursos que non se debaterán ata despois do verán
O Supremo confirma que non amnistía a Puigdemont e abre a vía para que recorra ao Constitucional

O acusado de matar un matrimonio nun accidente de tráfico na Coruña culpa o condutor falecido
25/06/2025 14:54
Un axente declarou que a iluminación na zona era normal e a circulación, fluída
A Fiscalía pide para el cinco anos e medio de cadea

As luces de emerxencia V-16, obrigatorias a partir do ano que vén
25/06/2025 14:50
A partir do 1 de xaneiro do 2026 será obrigatorio levar este sinal luminoso no vehículo
Para que estean debidamente homologadas, cómpre que sexan os modelos que contan con xeolocalización

Un coche sen o freo de man derruba parte do valado do club militar de Pontevedra
25/06/2025 14:44
O condutor baixara para axudar outra persoa que non podía abrir o coche e esqueceu pór o freo
O sinistro deixou só danos materiais, malia que as pedras caeron preto da zona das piscinas

O Ministerio presentará este venres o informe do lobo ás comunidades autónomas
25/06/2025 14:34
Será nunha comisión sectorial para abordar a situación real desta especie
Galicia e outras 12 comunidades xa pediran coñecer a letra pequena do documento

Transportes estuda a implantación do servizo de proximidade en Galicia
25/06/2025 14:33
O secretario de Estado adianta o novo plan durante a inauguración da nova intermodal Daniel Castelao de Santiago, que comeza a operar este xoves

Ferrol volverá contar cos servizos dunha Cámara de Comercio
25/06/2025 14:25
Nos próximos días reabrirán as oficinas da antiga Cámara de Ferrol
Ofrecera apoio e asesoramento ao emprendemento e empresarios

Reclaman o arranxo dunha pasarela de madeira, único acceso a unha vivenda da Bola
25/06/2025 14:24
Está moi deteriorada por mor da podremia que afecta as táboas da infraestrutura

Moito coidado coa conservación dos alimentos para evitar intoxicacións no verán
25/06/2025 14:15
A suba das temperaturas favorece a proliferación de microorganismos
Para as comidas campestres é mellor elixir alimentos que non precisen moita refrixeración e non inxerir as sobras que se traen de volta para a casa