O Deportivo Abanca consegue reter á porteira Inés Pereira
A internacional portuguesa foi a xogadora máis destacada da temporada 2024-25
Terá un segundo ano de cesión do Evertón inglés

Inés Pereira (1999) seguirá defendendo a porta do Deportivo Abanca. Renóvase a cesión co Evertón inglés para a temporada 2025-26 da xogadora máis destacada do plantel deportivista na campaña que acaba de rematar. Pereira foi titular indiscutible con 28 titularidades en 30 partidos e máis de 2.500 minutos.
Na Liga F tivo un impacto brutal e liderou o promedio de paradas por partido (9) e o total de paradas (252). Comezou a xogar no Estoril, antes de fichar polo Spórting de Portugal co que gañou a Liga, a Copa e a Supercopa. O seu seguinte destino foi a liga de Suiza, no Servette, antes de dar o salto á Premier League. O Everton decidiu cedela, unha idea que prolonga para este campionato.