Publicador de contidos

Publicador de contidos

As luces de emerxencia V-16, obrigatorias a partir do ano que vén

As luces de emerxencia V-16, obrigatorias a partir do ano que vén

A partir do 1 de xaneiro do 2026 será obrigatorio levar este sinal luminoso no vehículo

Para que estean debidamente homologadas, cómpre que sexan os modelos que contan con xeolocalización

G24.gal 25/06/2025 14:50 Última actualización 25/06/2025 18:41

As luces de emerxencia V-16 van ser obrigatorias a partir do 1 de xaneiro do 2026. Son un sinal luminoso de cor alaranxada que se emprega nas mesmas circunstancias ca os triángulos de emerxencia, en caso de avaría ou accidente nunha vía. Agora ben, cómpre recordar que para que estean homologadas deben ser luces V-16 xeolocalizadas.

"Unha especie de tarxeta SIM incorporada, que está conectada a IOT. Esa é unha plataforma que está conectada coa DXT para, en todo momento, cando o propietario active a baliza, poida xa xerar un sinal que salte na DXT e advirta que hai un problema, unha avaría ou un accidente", comenta Manolo Bolaño, o responsable de AD Regueira en Santiago.

E canto nos pode custar unha luz deste tipo?

"Normalmente estas balizas adoitan custar entre 30 e 40 euros, máis ou menos..., máis IVE, loxicamente", aproxima Bolaño.

Por outro lado, a Asociación Unificada de Gardas Civís está en contra desta medida e advirte dos seus perigos.

"Que ocorre se falla a pila? Que ocorre se non se ve porque é un día luminoso? Que ocorre se estamos na saída dunha curva e non é visible ese sinal? Que vai facer o condutor se non lle funciona? Rezar", cuestiona Ricardo Bastos, secretario de Organización da AUGC en Pontevedra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade