Publicador de contidos

Publicador de contidos

Accidente con feridos e mercadorías perigosas nun simulacro en Ferrol

Accidente con feridos e mercadorías perigosas nun simulacro en Ferrol

A simulación enmarcouse dentro dos actos da Semana de Seguridade Viaria

G24.gal 17/05/2025 14:38 Última actualización 17/05/2025 15:12

A Semana da Seguridade Viaria de Ferrol premia os mellores condutores, convoca concursos de ideas para reducir a sinistralidade na cidade e organiza charlas para concienciar sobre as consecuencias do consumo de alcol ao volante.

Entre todas as actividades do programa, a máis agardada é a que tivo lugar este sábado, un simulacro de accidente que obrigou ás forzas de seguridade a traballar de forma coordinada.

A Policía Local é a primeira en chegar ao lugar do accidente, unha colisión entre dous turismos nunha intersección do barrio de Caranza. Inmediatamente alertan a Emerxencias. Mobilízanse os Bombeiros de Ferrol e unha ambulancia da Cruz Vermella.

"O primeiro paso é limitar o radio de acción onde se produciu o accidente e velar pola seguridade das persoas implicadas", explica un oficial da Policía Local.

Unha das condutoras quedou ferida e atrapada no interior do coche. O equipo médico deberá estabilizala antes de que os Bombeiros poida rescatar a vítima.

A súa atención é prioritaria, pero tamén urxe actuar nun terceiro vehículo implicado no sinistro, unha furgoneta envolta nunha densa fumareda que transportaba mercadorías perigosas. Tamén se encargarán os bombeiros, equipados con traxes de protección química.

"Temos un gas que hai que controlar. A prioridade é que ese gas non chegue ás vítimas nin aos profesionais que participan na intervención", detalla Enrique Suárez, xefe de Bombeiros de Ferrol.

A Policía Xudicial dá os primeiros pasos na investigación, mentres o condutor que saíu ileso se somete á proba de alcoholemia e a muller ferida é atendida no lugar polos profesionais sanitarios. Todos traballan de forma coordinada, apoiados polo posto de mando avanzado da AXEGA.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade