A Armada traballa nun portavións capaz de operar 30 aeronaves de última xeración
A empresa pública Navantia xa estuda a viabilidade deste novo buque por encargo
A idea é non pechar as portas a novas adquisicións máis alá dos Harrier cos que opera o busque Xoán Carlos I
Encádrase no proceso de modernización da frota

A Armada ten en proxecto a adquisición dun novo portavións, o primeiro convencional, que podería operar ata 30 avións de combate de última xeración. O modelo estaría inspirado no Charles de Gaulle francés, o buque insignia da mariña francesa.
A empresa pública Navantia xa estuda a viabilidade deste novo buque por encargo da Armada, que se sumaría a outro portaeronaves anfibio similar ao actual Xoán Carlos I, que a Armada ten tamén previsto adquirir no futuro, informaron fontes militares.
Estas novas adquisicións inscríbense no proceso de modernización da frota que está a impulsar a Armada e que pretende completar a mediados da década de 2030.
Aínda que inspirado no portaavións francés, o novo buque español no que xa traballan a Armada e Navantia non será de propulsión nuclear como o Charles de Gaulle senón convencional, aínda que as súas capacidades serán similares.
Cunha eslora de aproximadamente 261 metros, unha manga duns 64 metros e unha altura de 75 metros, o buque da mariña francesa pode desprazar máis de 42.500 toneladas a plena carga. Conta cun avanzado arsenal e sistemas de defensa.
A idea da Armada española é que o novo portavións dispoña dunha cuberta de voo capaz de albergar ata 30 avións de última xeración e non só os Harrier cos que opera actualmente o Xoán Carlos I para non pechar as portas a novas adquisicións.
O Xoán Carlos I é un buque anfibio portaeronaves, non un portaavións convencional, aínda que pode operar helicópteros e avións de ala fixa. É o maior barco de guerra construído ata o de agora en España.