Aparece o cadáver dunha muller desaparecida en Guadalaxara nun posible caso de violencia machista
O cadáver foi atopado en Ruquilla, Guadalaxara, e cadra ca descrición da desaparecida
Xa se espera a identificación do cadáver para a confirmación da identidade

A Garda Civil atopou o corpo sen vida dunha muller de 41 anos en Ruquilla, un concello que pertence a Cifuentes (Guadalaxara) e que, agardando pola identificación, podería ser o da desaparecida a semana pasada na mesma zona,
A Delegación de Goberno contra a Violencia de Xénero informou na súa conta de X que está a solicitar os datos do asasinato por presunta violencia machista.
⚠️ Estamos recabando datos del asesinato por presunta #ViolenciaDeGénero de una mujer en la provincia de Guadalajara.#NiUnaMenos#NosQueremosVivas
— Delegación del Gob. contra la Violencia de Género (@DelGobVG) June 25, 2025
Fontes da Garda Civil informaron de que os axentes recibiron un aviso do 112 logo das 16:00 horas. O aviso trasladouse o seu servizo de criminalística, quen fixo a inspección.
En espera da identificación do cadáver, os indicios apuntan a que podería ser Ramy Virginia T, buscada pola Policía Nacional logo da súa desaparición a semana pasada.
Esta desaparecida é unha muller de 41 anos que reside en Guadalaxara e ten nacionalidade venezolana. Fai unha semana perdéuselle a pista mentres se dirixía a Alcalá de Henares ca súa parella.
O ocorrido pasou o mércores 18 e o día seguinte, seu irmán denunciou a súa desaparición logo de non regresar á casa.