Publicador de contidos

Publicador de contidos

Transportes estuda a implantación do servizo de proximidade en Galicia

Transportes estuda a implantación do servizo de proximidade en Galicia

O secretario de Estado adianta o novo plan durante a inauguración da nova intermodal Daniel Castelao de Santiago, que comeza a operar este xoves

G24.gal 25/06/2025 14:33

Unhas novas instalacións para dar resposta aos novos servizos da alta velocidade. As cifras falan por si mesmas. No que vai de mes medraron un 40 % os usuarios do AVE en Galicia e no caso de Santiago o incremento chega ao 120 %. O Ministerio de Transportes busca agora estender as melloras á rede de proximidades.

"Estamos estudando un novo sistema de proximidade e media distancia que vai dar boa resposta norte sur e tamén en Ferrol, unha das zonas que reivindica con máis forza e con razón unha mellora do servizo ferroviario", adianta José Antonio Santano, secretario de Estado de Transportes.

Representantes do Goberno, da Deputación da Coruña e do Concello de Santiago asistiron á inauguración do novo edificio que conecta as estacións de tren e de autobús. Un espazo que triplica a superficie do antigo vestíbulo que quedará destinado a oficinas. A Xunta acusa o Goberno de falta de lealdade por non contar coa Administración Autonómica.

"Non nos parece normal fixar unha data no día e hora en que saben que o goberno galego esta respondendo ás preguntas da oposición", explica o conselleiro de Presidencia, Diego Calvo.

A nova estación intermodal de Santiago levará o nome de Daniel Castelao e completarase de aquí a un ano cun novo edificio de aparcadoiro con 900 prazas dispoñibles.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade