Novas
Contido con Xeográficas .
España
O euribor pecha marzo no 3,7% e encarecerá as hipotecas que se revisan anualmente
28/03/2024 17:10
As que se revisen cada seis meses baixarán a súa cota
Morre un menor afogado nunha praia de Tarragona e tamén un home que intentaba rescatalo
28/03/2024 16:57
As grandes ondas impedíronlles saír da auga
A factoría de Ford en Valencia fabricará un novo vehículo de pasaxeiros multienerxía
28/03/2024 16:41
Aínda que non se precisou modelo, número de unidades ou data de produción pero é un alivio para os empregados pola carga de traballo que vai implicar
Un home e unha muller falecen en Asturias arrastrados polas ondas en Pravia e Cudillero
28/03/2024 16:20
O home era un turista de nacionalidade inglesa que viaxaba xunto á súa parella
A outra persoa falecida era unha muller que foi arrastrada por unha onda cando se atopaba paseando polo porto de Cudillero
A fiscalía pide dous anos e medio de cárcere para Rubiales polo bico e as coaccións a Jenni Hemoso
28/03/2024 14:29
Un ano por un delito de agresión sexual e ano e medio por un delito de coaccións
BNG, Esquerra, Bildu e Ara Més propóñense ser a voz das "nacións sen estado" en Europa
28/03/2024 13:22
A coalición Ahora Repúblicas apostará porque Europa siga sendo "un espazo de dereitos e liberdades" en que "a ilusión e a esperanza" se impoñan perante "o odio e o medo"
"O BNG é a garantía de que os temas que afectan a Galicia existan en Bruxelas", reivindicou o responsable de Relacións Internacionais do BNG
Detido un home que rachou cunha machada os cristais dun restaurante en Badalona
28/03/2024 13:22
Un axente fóra de servizo e un garda de seguridade do centro conseguiron reducir ao home que foi trasladado á comisaría local
O exfutbolista Dani Alves comparece por primeira vez nos xulgados tras saír en liberdade
28/03/2024 10:50
Alves chegou ao redor das 09:20 horas deste xoves ao Palacio de Xustiza de Barcelona, acompañado da súa letrada, Inés Guardiola
O brasileiro chegou aos xulgados con actitude tranquila e sen prestar atención á prensa
Podemos non se presentará ás eleccións de Cataluña e culpan aos 'comúns'
27/03/2024 21:05
Desde a dirección morada defenden que actúan con responsabilidade para evitar dividir o voto na esquerda
Rompe a confluencia entre ambas formacións que se xestou desde as eleccións xerais de 2015 e que se mantivo de forma estable ata agora
O Falcon que levaba a Sánchez a Doñana tivo que voltar á base por un problema técnico
27/03/2024 20:52
Un fallo técnico obrigou a dar a volta ata a Base Aérea de Torrexón de Ardoz onde esperaba outro avión para reemprender a viaxe
Atopan dúas fallas activas na Palma que impulsaron a erupción do Tajogaite
27/03/2024 19:28
Teñen o potencial de provocar terremotos moderados e crese que tamén son responsables da erupción do volcán de San Juan, en 1948
Morre un traballador nunha explosión dunha empresa de pirotecnia en Cangas de Narcea
27/03/2024 19:11
O home estaba facendo un preparado de pólvora nunha caseta da empresa cando se produciu unha explosión
Concepción Cascajosa, nova presidenta interina de RTVE
27/03/2024 15:38
En principio estará no cargo durante seis meses
Feijóo apoia a Alejandro Fernández e pídelle "unir o constitucionalismo" en Cataluña
27/03/2024 15:03
Junts + Puigdemont per Catalunya será o nome da candidatura liderada polo expresidente
O PSOE insiste en que non vai permitir ningún referendo de autodeterminación
A Fiscalía pide 2 anos e medio de prisión para Rubiales por agresión sexual a Jenni Hermoso
27/03/2024 14:59
O Ministerio Fiscal trasladou á Audiencia Nacional o seu escrito de conclusións provisionais no que tamén pide condenas para outros tres responsables federativos
O temporal pon en alerta practicamente a todas as comunidades españolas
27/03/2024 14:37
A neve convértese nun plan turístico e de lecer na serra de Madrid
Fai 30 anos da liberación da farmacéutica de Olot
27/03/2024 14:18
Foi o secuestro da delincuencia común máis longo da historia de España
25 detidos, 4 deles funcionarios, por unha fraude millonaria con prestacións do paro
27/03/2024 13:27
A trama estaba integrada por funcionarios, empregados de banca e xestores administrativos
Os funcionarios son tres da Comunidade de Madrid e outro, do SEPE
Ordenan procesar a Nacho Vidal pola morte dun fotógrafo nun ritual con veleno de sapo
27/03/2024 12:41
A Audiencia de Valencia decide revogar o sobreseemento do caso e sinala o actor de cine porno como o "director do rito" e atribúelle un "coñecemento especial sobre esta clase de cerimonias"
27/03/2024 11:19
O escritor e naturalista apoia a reivindicación de prezos xustos no agro, pero advirte de que a suavización das condicións ambientais non é o camiño
Aposta pola autoxestión enerxética nos concellos e por "multiplicar por dez os aeroxeradores pero non sacrificando os espazos naturais
Apunta que os bosques están en perigo e advirte de que Galicia ten que ter presente de que "as árbores teñen que producir máis osíxeno que papel"
O Banco de España confirma que a débeda pública baixou en 2023 ata o 107,7 % do PIB
27/03/2024 10:37
O endebedamento das administracións alcanzou os 1.573.754 millóns de euros, un 4,7 % máis
O crecemento da economía española permite reducir a porcentaxe de débeda pública
O Supremo recoñécelles a fixos descontinuos computar como antigüidade o tempo de inactividade
27/03/2024 09:54
A sentenza do Alto Tribunal recoñece o dereito tanto a efectos económicos como de promoción profesional
A decisión do Supremo ratifica unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid referida a un traballador da Administración de Facenda
O IPC sobe ao 3,2 % en marzo polo encarecemento da luz e os carburantes
27/03/2024 08:55
Co avance do IPC interanual no terceiro mes do ano, a inflación volve rexistrar ascensos despois do retroceso de seis décimas que experimentou en febreiro e que levou a inflación ao 2,8 %
Baixa dúas décimas a inflación subxacente, que non inclúe enerxía nin alimentos frescos e queda nun 3,3 %
Orange e MásMóvil pechan a súa fusión e comezan a operar como unha soa compañía en España
26/03/2024 21:01
As dúas xuntan arredor de 37 millóns de clientes
O PP confirma a Alberto Fernández como candidato para as eleccións catalás do 12M
26/03/2024 20:22
Dolors Monserrat será a xefa de campaña
Destituída a presidenta de RTVE, Elena Sánchez
26/03/2024 15:56
O Consello de Administración de RTVE retiroulle este martes a confianza
15 comunidades con avisos por chuvia, vento, neve ou ondada
26/03/2024 14:45
A cota de neve está arredor dos 1.000 metros
Nas zonas de costa, ambiente gris, chuvia e moito vento, que mantén activos avisos mesmo nas Canarias
O Goberno retoma a reforma da Lei do solo para dar seguridade xurídica ao urbanismo
26/03/2024 13:17
Desde o Executivo aseguran que buscarán o consenso para aprobar a norma no Congreso, sobre a que Podemos xa expresou o seu rexeitamento
Un de cada tres mozos recoñece que chatea ao volante
26/03/2024 13:02
Escribir ou ler un whatsapp mentres se conduce multiplica por catro as posibilidades de ter un accidente, segundo a Dirección Xeral de Tráfico
Pasa a disposición xudicial o detido pola súa presunta relación co cadáver despezado da Felguera
26/03/2024 12:51
Os restos corresponderían ao home que compartía a vivenda co detido e que está desaparecido
Europa aproba suavizar as esixencias ambientais da PAC
26/03/2024 10:52
Os cambios perseguen simplificar as regras, reducir a carga administrativa e proporcionar flexibilidade para cumprir requisitos ambientais
A revisión da PAC tamén exime as pequenas explotacións de menos de dez hectáreas dos controis e as sancións relacionadas cos requisitos de condicionalidade
A Eurocámara podería aprobar as modificacións pola vía de emerxencia, antes das eleccións europeas
A Garda Civil detén un presunto xihadista con conexións con terroristas doutros países
26/03/2024 10:07
A través dos seus perfís en redes sociais o detido difundía e traducía abundante contido xihadista sobre actividades terroristas levadas a cabo en diferentes escenarios
O detido xa ingresou en prisión provisional tras pasar a disposición xudicial
O INE confirma que a economía española creceu o 2,5 % en 2023 acelerando a final de ano
26/03/2024 10:03
O Goberno destaca "a boa marcha da economía" española, cun crecemento "máis de cinco veces superior ao da media da zona euro e o máis elevado entre as principais economías europeas"
A xuíza cita o 20 e o 21 de maio a parella de Ayuso e catro imputados por fraude fiscal
25/03/2024 22:39
Os citados son a parella da presidenta da comunidade de Madrid e catro representantes de empresas que supostamente lle emitiron facturas falsas
Extirpan por vez primeira en España un tumor cardíaco a un bebé prematuro
25/03/2024 20:52
Provocaron o nacemento da nena ás 28 semanas de xestación para ser tratada
A nena podía morrer nada máis cortar o cordón umbilical, polo que primeiro tiveron que estabilizala
O equipo médico que levou a cabo a intervención é do hospital valenciano La Fe
A SEPI compra o 3 % de Telefónica e declara a súa vocación de permanencia como accionista
25/03/2024 20:07
A decisión de que o Estado volva ao capital de Telefónica tomouse tres meses despois de coñecerse que a operadora estatal Saudita Telecom quería facerse co 9,9 % de Telefónica
De momento, a SEPI non anticipou se ten previsto comprar máis accións ata chegar a ese 10 %
O Goberno recorre ao Constitucional a iniciativa independentista que tramita o Parlament
25/03/2024 19:17
O grupo parlamentario dos socialistas cataláns presentou xa o seu propio recurso ao Constitucional
25/03/2024 19:15
Os republicanos din que a proposta xa está enriba da mesa de negociación co PSOE
Os socialistas negan rotundamente a posibilidade dun referendo
O PP acusa a Sánchez de reactivar o 'procés'
25/03/2024 15:54
Tamén din que a situación que se crearía sería inconstitucional
Cataluña case duplicaría os seus ingresos, ao pasar de 25.600 millóns a 52.000 millóns
Cataluña supón o 20 % do PIB
O PP non descarta a comparecencia de Begoña Gómez no Senado
25/03/2024 15:00
Os populares volven pedirlle explicacións a Pedro Sánchez sobre a relación da súa muller coa aeroliña rescatada Air Europa
O PSOE asegura que actuou "con contundencia" ante o caso Koldo e instan a Núñez Feijóo a pedir a dimisión da presidenta madrileña