Publicador de contidos

Publicador de contidos

Otegi admite que se reuniu con Santos Cerdán coa intermediación de Antxon Alonso

Otegi admite que se reuniu con Santos Cerdán coa intermediación de Antxon Alonso

O obxectivo da reunión era establecer comunicación entre EH Bildu e o PSOE

G24.gal 03/07/2025 12:03

O coordinador xeral de EH Bildu, Arnaldo Otegi, afirmou este xoves que o empresario Antxon Alonso intermediou con el para que se reunise con Santos Cerdán, naquel entón dirixente do PSN.

Aínda que non especificou a data, Otegi explicou que na cita que mantivo con Cerdán a través de Alonso, ambos os dirixentes políticos estableceron a vía de comunicación entre EH Bildu e o PSOE, na mesma liña que declarou o xa exdirixente socialista o pasado luns ante o Tribunal Supremo.

Indicou que apenas coñece a Antxon Alonso, ao que viu en non máis de catro ocasiones, pero que, a través dun amigo común, o empresario presuntamente implicado no caso Koldo trasladoulle que Santos Cerdán quería reunirse con el. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade