Publicador de contidos

Publicador de contidos

Díaz avisa a Sánchez: "A responsabilidade da lexislatura está nas súas mans"

Díaz avisa a Sánchez: "A responsabilidade da lexislatura está nas súas mans"

Pide ao presidente do Goberno que compareza antes do pleno do 9 de xuño e que anuncie medidas claras contra a corrupción

Asegura que Sumar abandonaría o Goberno se se demostrase un financiamento irregular no PSOE

A vicepresidenta segunda dixo que se ela fose Alberto Núñez Feijóo, presentaría unha moción de censura

A vicepresidenta segunda, Yolanda Díaz, atende os medios no cumio da ONU celebrado en Sevilla (Francisco J. Olmo/Europa Press) A vicepresidenta segunda, Yolanda Díaz, atende os medios no cumio da ONU celebrado en Sevilla (Francisco J. Olmo/Europa Press)
G24.gal 02/07/2025 10:30

A vicepresidenta segunda do Goberno, Yolanda Díaz, instou o presidente, Pedro Sánchez, a actuar contra a corrupción antes da súa comparecencia o 9 de xullo no Congreso e asegurou que Sumar abandonaría a coalición se se demostrase que o PSOE se financiou irregularmente.

Nunha entrevista este mércores en Onda Cero, Díaz recoñeceu estar preocupada e enfadada ante as novidades do caso Koldo, que acabaron coa imputación do exsecretario de Organización do PSOE Santos Cerdán e o seu ingreso en prisión provisional sen fianza, e urxiu a Sánchez a actuar.

"Isto é inaceptable. Agora ben, como é inaceptable hai que actuar xa (...) e actuar xa é comparecer e dar todo tipo de explicacións, pero non comparecer o día 9", dixo en alusión á comparecencia de Sánchez prevista no pleno do Congreso para falar de corrupción.

En concreto, pediu a Sánchez aclarar que pasou no PSOE e instoulle tamén a "liderar esta crise" tomando medidas claras contra a corrupción e sobre iniciativas de "avance democrático".

"A responsabilidade da lexislatura está nas súas mans", avisou.

Sumar exporá estas medidas na reunión deste mércores no Congreso cos seus socios do PSOE, pero Díaz dubida sobre o resultado que terá este encontro e, aínda que está a favor da continuidade do Goberno, insistiu en que a duración da lexislatura dependerá de que os socialistas actúen.

Doutra banda, comentou que non cre que Sánchez estea involucrado no caso Koldo, aínda que ten unha responsabilidade polos nomeamentos que fixo no seu partido, e asegura que Sumar abandonaría o Goberno se se demostrase un financiamento irregular no PSOE.

"Iso supón que hai unha trama completamente consciente e organizada para saquear as administracións públicas", declarou Díaz, que engadiu que se ela fose o líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, presentaría unha moción de censura.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade