Este domingo entran en vigor as medidas do Goberno para paliar os efectos da guerra
O paquete inclúe rebaixas de impostos, descontos para colectivos vulnerables e axudas para os sectores máis afectados.
Carburantes, gas e electricidade rebaixan o IVE ao 10% nun plan que mobiliza 5.000 millóns
As medidas publicadas no Boletín Oficial do Estado foron aprobadas o venres no Consello de Ministros e contan cunha dotación de 5.000 millóns de euros. Incluirán rebaixas de impostos, descontos para colectivos vulnerables e axudas para os sectores máis afectados.
Con estas medidas, que estarán vixentes "o tempo que sexa necesario", segundo o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, tentarase mobilizar os recursos necesarios para protexer os cidadáns, axudar as pemes, o sector primario e a industria.
O BOE tamén publica o outro decreto ao que deu luz verde o Consello de Ministros, que establece unha conxelación temporal dos prezos do alugueiro. Neste caso Sánchez recoñeceu que non conta aínda cunha maioría parlamentaria no Congreso dos Deputados para validalo. Apelou á "responsabilidade" dos grupos parlamentarios para aprobar os reais decretos leis.
Medidas que entran en vigor este domingo:
Electricidade
Rebaixa do IVE da electricidade, que pasará do tipo xeral (21%) ao reducido (10%).
Suspensión temporal do imposto de xeración eléctrica, actualmente do 7% e que pagan as compañías.
Rebaixa do imposto especial sobre a electricidade, unha figura fiscal que pagan os consumidores e que pasará do 5,11% actual ao tipo mínimo do 0,5%.
Gas
Redución do 21 ao 10% do IVE do gas natural, os pélets e leña.
Conxelación do prezo máximo de venda do butano e propano.
Carburantes
Medidas para colectivos e sectores máis afectados
Medidas de electrificación e renovables
Medidas laborais
Medidas de vivenda