Chegan a España 200 militares evacuados desde Iraq
Forman parte da coalición internacional contra o yihadismo ‘Inherent Resolve’, liderada por Estados Unidos, e da misión da OTAN en Iraq
O avión procedente de Turquía aterrou a primeira hora na base de Torrejón de Ardoz
A primeira hora deste sábado aterrou na base aérea de Torrexón de Ardoz o avión procedente de Turquía que despegara da base de Incilik. No voo, que saíu con varias horas de atraso, retornaron 205 militares.
A marioría forma parte do Terzo ‘Gran Capitán’ 1º da Lexión, localizado en Melilla, e o resto procede doutras unidades do Exército de Terra. Trátase do groso do continxente de 300 efectivos que foi evacuado desde Iraq debido á guerra de Irán. A retirada dos militares levouse a cabo "plenamente" de acordo cos aliados participantes nas dúas misións internacionais nese país.
Os militares evacuados forman parte da coalición internacional contra o xihadismo ‘Inherent Resolve’, liderada por Estados Unidos, e da misión da OTAN en Iraq (NMI polas súas siglas en inglés), que ten por obxecto axudar a fortalecer as forzas de seguridade iraquís. Os efectivos voaron a bordo dun A330 do Exército do Aire despois dunha "complicada" operación posta en marcha despois do inicio do conflito en Oriente Medio, segundo informou o Ministerio de Defensa.