Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os dous decretos anticrise do Goberno alimentan a polémica no eido político

Os dous decretos anticrise do Goberno alimentan a polémica no eido político

Desde o PSOE apuntan a que as diferenzas con Sumar só foron estratéxicas, mentres na formación de Yolanda Díaz sosteñen que evitaron "un xiro á dereita"

No Partido Popular falan de vergoña institucional e dunha parte do Goberno "secuestrada pola outra" no Consello de Ministros

G24.gal 21/03/2026 11:06 Última actualización 21/03/2026 16:54

A vicepresidenta María Jesús Montero sostén que a relación entre socialistas e Sumar no Consello de Ministros segue a ser cordial, malia o sucedido onte. Acepta, iso si, que cos decretos houbo diferenzas estratéxicas.

"O partido socialista compartía as medidas de vivenda, pero a dificultade era que, efectivamente, hai grupos politicos, xa os coñecen vostedes, que se pronunciaron dicindo que non as ían apoiar. Ademais, os debates que se produciron no día de onte foron debates intelixentes", sostén Montero.

Desde o Partido Popular consideran que onte se produciu o nunca visto: unha parte do Goberno secuestrando o Consello de Ministros para acabar aprobando dous decretos, un de dereitas e outro de esquerdas.

"Ao señor Sánchez, que di enfrontarse como un superheroe contra Donald Trump, contra Milei, onte dobráronlle o pulso un tal Ernest Urtasun, Sira Rego e Yolanda Díaz. Esta é a España na que lamentablemente vivimos", sinalaba o secretario xera do PP,  Miguel Tellado.

Desde Sumar defenden que se plantaron ante Pedro Sánchez para evitar un xiro á dereita.

 "Díxolle que ao seu decreto de rebaixas fiscais ,para facerlle choscadelas á dereita, lle faltaba Goberno, lle faltaba coalición e lle faltaba progreso", indicaba Lara Hernández, coordinadora xeral de Sumar.

E Izquierda Unida chama á mobilización contra os que boicoteen o decreto sobre vivenda:

"Facemos un chamamento a que realicemos esa mobilización porque é necesaria. Hai que sinalar a aqueles que queren boicotear. A vivenda é unha prioridade, hai solucións", ra o chamamento de Antonio Maillo, coordinador federal de IU.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos