Publicador de contidos

Publicador de contidos

A terapia asistida con cabalos permite expresar as emocións agochadas

A terapia asistida con cabalos permite expresar as emocións agochadas

A veterinaria Cati Rodríguez asegura que  son capaces de percibir como nos atopamos, máis aló do que contamos

Pódese acudir en sesións individuais ou grupais

G24.gal 21/03/2026 19:09

Recuperar a autoestima, fomentar a cohesión nun grupo ou o liderado é posible facelo traballando con cabalos. En Monforte, hai unha veterinaria expertan en facer intervencións asistidas con este tipo de animais.

Candi amosa o seu cabalo Lúa, un dos seus cabalos cos que fai intervencións asistidas. 

"Son animais moi sensibles que son capaces de percibir como nos atopamos, máis aló do que contamos. Perciben a nosa frecuencia cardiaca, respiratoria, a linguaxe corporal, as hormonas. Entón se tes medo percíbeno, se tes tristeza tamén", explica Candi Rodríguez, que fai intervencións con cabalos

Son capacidades que teñen os animais e que Candi sabe interpretar. Fai sesións individuais ou de grupo segundo o que se queira traballar. 

"O beneficio maior é pode expresar as súas emocións e sentilas sen ocultalas. E conectar cun lugar de calma"

Pódese traballar ademais o liderado.

"Non é só un liderado de conseguir a colaboración voluntaria do cabalo, non pola forza, senón por convicción, por seguridade. Cando amosa todo iso eles séguente. 

Esta veterinaria leva nove anos con terapias asistidas, un campo en que foi pioneira en Galicia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade