Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un coche bate contra un cabalo de madrugada na estrada que vai de Marín a Moaña

Un coche bate contra un cabalo de madrugada na estrada que vai de Marín a Moaña

O animal foi sacrificado, o coche quedou con danos e os ocupantes, ilesos

G24.gal 14/11/2025 13:46

Tremendo susto este xoves en Moaña na estrada PO-313 entre Marín e Moaña. Un condutor perdeu o control do vehículo tras bater contra un cabalo. O animal, con graves feridas tivo que ser sacrificado e os ocupantes saíron ilesos. Na zona hai unha elevada poboación de cabalos salvaxes e tamén de xabaril; aínda que moitos lle botan a culpa á escuridade e á mala visibilidade desta estrada.

Este venres aínda permanecía un tapacubos nas inmediacións do quilómetro 10 desta estrada en que contra as seis da mañá un coche batía contra un cabalo que tivo que ser sacrificado polas importantes feridas que presentaba. O vehículo tamén quedou parcialmente estragado, os ocupantes resultaron ilesos.

No Morrazo o accidente no sorprende a ninguén, xa que os cabalos circulan mesmo polo corredor como puidemos comprobar en persoa o pasado mes de marzo. Nos montes de Moaña e Marín hai unha gran poboación de cabalos salvaxes no monte e tamén na contorna do Lago Castiñeiras. Para algúns son demasiados, pero hai outras persoas que consideran que  o problema da PO-313 é a súa falta de visibilidade e iluminación.

No Concello de Moaña recíbense cada ano unha media de entre noventa e cen chamadas ao ano pola presenza de cabalos nas vías. Neste caso o animal tiña microchip dunha asociación de Marín que, segundo algunhas fontes, podería ter que asumir os gastos derivados do accidente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos