Publicador de contidos

Publicador de contidos

Buscan fogar para dous cabalos que quedaron orfos ao falecer o dono

Buscan fogar para dous cabalos que quedaron orfos ao falecer o dono

Os animais deben ser adoptados sen separación, xa que levan toda a vida xuntos

O refuxio mantén no anonimato a localización actual dos cabalos para evitar que lles fagan dano ou os subtraian
G24.gal 27/11/2025 13:41

O Refuxio de Animais de Cambados lanzou este días un SOS por redes sociais. Buscan fogar para dous cabalos que quedaron orfos. O dono faleceu repentinamente e as persoas que herdaron os seus bens son maiores e non poden facerse cargo dos animais. Queren vender a finca onde están e precisan buscarlles un lugar idóneo.

Requisito imprescindible que esixen para os candidatos é que deben adoptalos aos dous, porque levan toda a vida xuntos. Tamén é fundamental que dispoñan dunha parcela pechada, porque están habituados a vivir en semiliberdade e non son aptos para a monta porque nunca foron usados para tal fin.

Xa recibiron ofrecementos de hípicas e particulares dispostos a acoller os dous cabalos. Pero desde o refuxio apelan á prudencia. Van analizar cada unha das propostas e valorar que cumpran os requisitos para adoptalos.

En caso de non atopar un fogar definitivo, barallan a opción do acollemento temporal, porque urxe sacalos da parcela onde están. A súa localización mantéñena no anonimato para evitar que lles poidan facer dano ou subtraelos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade