Publicador de contidos

Publicador de contidos

O PSdeG acusa á dereita de "non estar á altura" mentres o Goberno central aproba o escudo social

O PSdeG acusa á dereita de "non estar á altura" mentres o Goberno central aproba o escudo social

Besteiro defendeu o paquete de 80 medidas aprobado que supón "o maior escudo social e económico para paliar as consecuencias da guerra"

Participou no relevo da alcaldía de Coles, que ocupará Susana Rodríguez

G24.gal 21/03/2026 17:49

O secretario xeral do PSdeG, Xosé Ramón Gómez Besteiro, defendeu que o Goberno central "actúa contra unha guerra ilegal que os socialistas rexeitaron desde o primeiro minuto", a diferenza do PP e VOX, aos que acusou de "fomentar a escalada" e non estar "á altura das circunstancias".

Besteiro lembrou que este sábado se publicaron no BOE as medidas aprobadas polo Goberno de España no Consello de Ministros extraordinario: un paquete de 80 medidas dotado de máis de 5.000 millóns de euros.

"Representa o maior escudo social e económico despregado ata a data para protexer os fogares e as empresas das consecuencias da guerra en Oriente Medio", asegurou Besteiro

O secretario xeral do PSdeG participou na substitución da alcaldía do municipio de Coles (Ourense) onde Susana Rodríguez asumiu o cargo tras case dúas décadas de goberno socialista encabezado por Manuel Rodríguez.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade