Publicador de contidos

Publicador de contidos

Silvio Rodríguez recolle o fusil que pediu para defender Cuba dos Estados Unidos

Silvio Rodríguez recolle o fusil que pediu para defender Cuba dos Estados Unidos

Entregoullo o ministro das Forzas Armadas no Día Nacional da Defensa

A doazón fíxose en resposta á petición do cantautor"Esixo o meu AKM, se se lanzan".

G24.gal 21/03/2026 11:06 Última actualización 21/03/2026 11:32

O goberno cubano entregoulle ao cantautor Silvio Rodríguez o fusil "en xusto recoñecemento á súa patriótica disposición de empuñar as armas para defender a Patria ante calquera agresión", tal e como reflectiu o Ministerio das Forzas Armadas Revolucionarias nas súas redes sociais. 

O músico recibiu a arma de mans do ministro, Álvaro López Miera, coincidindo co Día Nacional da Defensa nun acto solemne en presenza do presidente cubano, Miguel Díaz-Canel. 

Esta semana o cantautor  publicou na súa páxina web persoal, Segunda Cita, o seguinte

"Esixo o meu AKM, se se lanzan. E conste que o digo moi en serio", en referencia a un posible escenario de ataque militar estadounidense a Cuba.

A Illa agarda a chegada, nas próximas horas, dunha flotilla internacional de axuda humanita nun momento de forte escaseza por mor do embargo dos Estados Unidos. Tres barcos con alimentos, medicinas e material enerxético. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade