Publicador de contidos

Publicador de contidos

Irán ataca a central de Dimona, epicentro do programa nuclear de Israel

Irán ataca a central de Dimona, epicentro do programa nuclear de Israel

O bombardeo causa polo menos menos 40 heridos, entre eles un neno de dez anos

O OIEA non detecta niveis anómalos de radiación tras o ataque 

Irán denuncia un ataque contra a instalación nuclear de Natanz

 

Soldados israelíes traballan en Dimona tras o ataque de Irán. REUTERS/Ilan Assayag Soldados israelíes traballan en Dimona tras o ataque de Irán. REUTERS/Ilan Assayag
G24.gal 21/03/2026 22:13

Un mísil lanzado desde Irán impactou este sábado en Dimona, no sur de Israel, cidade onde se sitúa unha das principais instalacións nucleares israelís, causando polo menos 40 feridos, entre eles un neno de dez anos.

As sirenas antiaéreas soaron á 19.07 hora local, e despois rexistráronse varios impactos na zona.

De acordo co servizo de emerxencias Magen David Adom (MDA), os seus equipos atenderon a 47 vítimas con feridas por metralla, lesións sufridas mentres se dirixían a zonas protexidas e cadros de pánico.

Entre os feridos figuran un neno de dez anos en estado grave e unha muller en estado moderado, segundo MDA, que indicou que continúa prestando asistencia a outras persoas no lugar.

Pola súa banda, o Corpo de Bombeiros e Servizos de Rescate de Israel informou do derrubamento dun edificio tras un dos impactos, o que provocou un incendio na zona.

Segundo un comunicado publicado pola súa oficina, o primeiro ministro israelí, Benjamín Netanyahu, mantivo unha conversa co alcalde da localidade, Benny Biton, durante a cal "eloxiou a resiliencia dos residentes e desexou unha pronta recuperación aos feridos".

Segundo o Comando da Fronte Interna, a unidade do Exército israelí encargada de garantir a seguridade da poboación civil en Israel, desde a medianoite rexistráronse polo menos sete ondas de ataques iranianas dirixidas contra Dimona e outras áreas do sur do país.

En paralelo, o servizo de bombeiros informou de varios incidentes no norte de Israel atribuídos a impactos de foguetes lanzados por Hizbulá, con danos nalgúns edificios.

REUTERS/Ilan Assayag REUTERS/Ilan Assayag

O OIEA non detecta niveis anómalos de radiación tras o ataque 

O Organismo Internacional da Enerxía Atómica (OIEA) informou de que non se rexistraron niveis anómalos de radiación nin danos no centro de investigación nuclear do Néguev tras o impacto dun mísil iraniano na zona.

"A información dos estados da rexión indica que non se detectaron niveis anormais de radiación", sinala o OIEA nunha mensaxe en X.

"Débese mostrar a máxima contención militar, en particular, na proximidade de infraestruturas nucleares", subliñou o director xeneral do OIEA, Rafael Grossi.

A axencia nuclear da ONU sinala que non ten ningunha indicación de danos no complexo nuclear preto de Dimona.

O OIEA xa pediu este sábado contención aos contendentes na guerra despois do ataque contra as instalación iraniana de enriquecemento de uranio de Natanz.

REUTERS/Ilan Assayag REUTERS/Ilan Assayag
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade