Contido con Temática Sociedade .

Contido con Temática Sociedade .

Sociedade

Unha aldea de 50 habitantes contrata a Panorama para as festas

03/07/2025 15:04

Os artífices desta idea son tres veciños que forman a comisión de festas de Taíde, situado na parroquia de Barbadelo, en Sarria

A festa ten lugar entre o 5 e o 7 de xullo, sendo este último o día que actúa a Panorama

Etiquetas:  VERBENAS

A 35 edición de Galego sen fronteiras recibe 60 estudantes de Europa, Asia e América

03/07/2025 14:59

Desde que comezaron no 1988, 2.500 estudantes de todo o mundo pasaron xa por estes cursos de lingua e cultura galegas

Categorías:  Galicia   Cultura   Lingua
Etiquetas:  LINGUA GALEGA

Extinguido o incendio que afectou a unha subestación eléctrica en Viveiro

03/07/2025 14:41

A empresa cortou totalmente a subministración para que os efectivos operen en condicións de seguridade


O cambio climático acentúa os fenómeos atmosféricos extremos

03/07/2025 14:24

Segundo os expertos, moitos deles, que ata agora eran pouco habituais, xa comezan a ser frecuentes e outros están a aumentar a súa intensidade

O cambio climático pode aumentar o número de incendios e tamén agravalos 


Un home sae ileso despois de tirarse da ponte da Barca, en Pontevedra, por un pique

03/07/2025 14:16

Lanzouse a máis de vinte metros de altura e coa marea baixa

Os dispositivos de emerxencias foron socorrelo, pero logrou saír nadando sen axuda

 


Audiencia Provincial da Coruña

Un ano e oito meses de cárcere para un veciño de Ferrol que escondía droga nos ovos Kinder

03/07/2025 14:03

A pena acordouse entre as dúas partes asistentes

A Policía Nacional comisou ata 4,5 gramos de cocaína nos envoltorios dos ovos


EuropaPress

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

03/07/2025 13:32

O home, de nacionalidade colombiana, estaba no momento dos feitos de permiso penal e a vítima faleceu en 2022


Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA)

Detido por apuñalar en Lugo outro home co que mantivo unha discusión

03/07/2025 12:13

O suposto agresor foi detido como investigado por un delito de lesións

O ferido foi trasladado en ambulancia ao HULA para recibir atención médica por mor dun corte no abdome


Desartellan un grupo dedicado á estafa do falso sicario, con detidos en Santiago e Monforte

03/07/2025 12:01

Os membros da organización extorsionaban persoas que entraban en páxinas web de contactos ou citas con ameazándoos con causarlles un dano reputacional ou mesmo físico

Etiquetas:  ESTAFA

Jesús Hellín/Europa Press

Confirman dous anos e un mes de cárcere para El Cigala por maltrato á súa exparella

03/07/2025 11:59

Desestima os recursos de apelación presentados pola defensa do condenado e pola acusación particular exercida pola súa exmuller

Foi condenado por tres delitos de malos tratos e un delito leve e continuado de vexacións


EFE

As mellores festas e festivais para a fin de semana

03/07/2025 10:14

O evento máis recoñecible e o Portamérica xunto ca Rapa das bestas de Sabucedo

PortAmérica, Gozo ou a Festa da Lagosta, as citas máis importantes da fin de semana

Categorías:  Sociedade   Galicia   Vida
Etiquetas:  FESTAS   FESTIVAIS

REUTERS/Stefanos Rapanis

Máis de 5.000 evacuados por un incendio na illa grega de Creta

03/07/2025 10:12

O forte vento reaviva as lapas, polo que o incendio segue fóra de control

Hai nove localidades desaloxadas e catro persoas precisaron atención por problemas respiratorios

A maioría de evacuados son turistas aloxados en hoteis da rexión de Lasithi


Falece un motorista de 27 anos nun accidente en Lugo

03/07/2025 09:23

A vítima sufriu unha caída cando circulaba pola estrada Nacional VI


Os familiares agardan noticias dos seres queridos que viaxaban no barco (REUTERS / Johannes P. Christo)

Seis mortos e 29 desaparecidos nun naufraxio preto de Bali

03/07/2025 08:51

No barco viaxaban 65 persoas entre tripulación e pasaxeiros

Rescataron 23 sobreviventes, que foron trasladados ao porto de Gilimanuk

Categorías:  Sociedade   Mundo   Sucesos
Etiquetas:  NAUFRAXIO   INDONESIA

Desmantelan un punto de venda de drogas en Boiro e deteñen dez persoas

03/07/2025 08:46

A Garda Civil asegura que se chegaron a detectar ata máis de 30 compradores nun só día nun centro de subministración de drogas que funcionaba as 24 horas


(PA Wire/Nick Potts)

O futbolista Diogo Jota e seu irmán morren nun accidente de tráfico en Zamora

03/07/2025 08:41

O turismo en que viaxaban saíu da vía e incendiouse e quedou calcinado na mediana da autovía A-52


O verán é unha época que invita a mergullarse nun bo libro

Un libro para o verán

02/07/2025 21:23

 Hai máis tempo de lecer, máis horas de luz e, no mellor dos casos, días de vacacións

Aquí van algunhas recomendacións se aínda non teñen un título no bolso da praia

Categorías:  Sociedade   Galicia   Vida
Etiquetas:  VERÁN   LIBROS

Recupérase a circulación na alta velocidade entre Madrid e Barcelona detida por un incendio en Lleida

02/07/2025 21:18

O lume obrigou a suspender tamén a circulación entre Zaragoza e Lleida

Os servizos de emerxencia lograron estabilizar o incendio, que se declarou preto da infraestrutura ferroviaria

Etiquetas:  INCENDIO

En quince anos Galicia perdeu case a metade da cabana de ovellas e cabras

02/07/2025 20:19

Preocupa a situación porque cumpren unha función social e ambiental, xa que axudan a fixar poboación no rural e na prevención de incendios forestais


Unha pelexa con paus e armas brancas

Unha aperta de mans desencadeou a liorta de Ribeira

02/07/2025 20:11

A lea multitudinaria entre dúas familias que celebraban unha pedida de man deixa un morto e 6 detidos

Reforzo policial en Ribeira e Santiago en previsión de represalias


Imaxe de arquivo

Morre unha persoa durante un incendio agrícola en San Cristovo de Cea

02/07/2025 19:10

O sinistro produciuse na parroquia de Oseira


O rapeiro Sean 'Diddy' Combs/Foto de arquivo/Europa Press

O rapeiro Sean Diddy Combs, absolto de tráfico sexual e condenado por delito de prostitución

02/07/2025 17:33

Dos cinco delitos que se lle imputaban, quedou absolto de tres

O xurado non considerou que o rapeiro liderase unha organización criminal para abusar de mulleres


Naceron hai 10 anos no Xapón

O xoguete viral Labubu desata unha onda de fraudes en liña

02/07/2025 17:15

O éxito internacional deste xoguete converteuno en obxectivo de falsificacións, estafas e tendas fraudulentas en Internet

Categorías:  Sociedade   Galicia   Vida
Etiquetas:  XOGUETES   FRAUDE

Os estudantes ás portas das inmobiliarias

A procura de piso en Santiago obriga os estudantes a facer noite na rúa

02/07/2025 16:54

Centos de estudantes agardan durante horas ás portas das inmobiliarias ante a escaseza de vivenda 


Morre un matrimonio de octoxenarios nun accidente entre dous coches en Silleda

02/07/2025 16:34

O sinistro produciuse na Nacional 640, á altura de Escuadro

O condutor do outro vehículo resultou ferido


Un incendio nunha farmacéutica de Guadalaxara deixa catro feridos e obriga a evacuar máis de 600 persoas

02/07/2025 16:16

Unha deflagración afectou tres depósitos soterrados na empresa de Azuqueca de Henares

A vía de servizo da A-2 permanece cortada entre os quilómetros 41 e 39 en sentido Madrid

Etiquetas:  INCENDIO

O perigo que se agocha baixo a area: as fanecas poden arruinar un día de praia

02/07/2025 14:31

É importante saber en que momento é máis fácil que piquen, como detectalas e como aliviar os síntomas da picada

Categorías:  Sociedade   Galicia   Vida
Etiquetas:  PRAIAS

Denuncian unha vertedura de augas fecais na praia da Madorra, en Panxón

02/07/2025 14:21

Os veciños din que o cheiro é insoportable dende hai máis dun mes

Hai bañistas que deixaron de ir ao areal polo risco de contaminación 


Descenso extraodinario das temperaturas máximas no interior do país

02/07/2025 14:11

De rozar os 43 graos en Ourense, o máximo histórico de Galicia nun mes de xuño, a non superar hoxe os 30

Etiquetas:  TEMPO

O corte inflixido cun coitelo no brazo da vítima

Unha familia de Lugo denuncia agresións e ameazas por parte dos seus veciños

02/07/2025 14:00

A policía prendeu un dos presuntos atacantes por unha lesión con arma branca


Regresan á vivenda da Coruña os moradores desaloxados hai un mes con máis de vinte gatos

02/07/2025 13:48

Os veciños do inmoble esixen medidas definitivas para que o problema non se descontrole


Incendio de Monforte este martes (Arquivo)

Estabilizado un incendio forestal en Lousame con arredor de 30 hectáreas afectadas

02/07/2025 13:11

Iniciouse arredor das 5:30 horas da madrugada

Mobilizáronse diferentes efectivos para facilitar a extinción, entre eles, catro helicópteros e un avión


O gromo de salmonelose de Oza-Cesuras xa chegou a Asturias e a Castela e León

02/07/2025 11:35

Os novos afectados encóntranse estables e ingresados

O gromo expándese xa por catro comunidades autónomas


Axentes de policía no lugar do suceso este mércores (EFE/Lavandeira jr)

Investigan quen conducía a furgoneta branca que atropelou a vítima da pelexa de Ribeira

02/07/2025 11:20

Un dos feridos na liorta en Ribeira permanece ingresado "en estado grave"

Localizan en Santiago un dos vehículos implicados no suceso

As forzas de seguridade incrementan os controis na zona

Unha pelexa entre clans rivais deixa un morto en Ribeira

Etiquetas:  LIORTA

Asaltaron a casa duns octoxenarios e finxiron ser ocupas diante da policía en Lugo

02/07/2025 11:12

Os ladróns trataron de roubar as xoias, electrodomésticos, ferramentas e mesmo documentos persoais da casa

As penas de prisión son baixas, e aínda que os catro condenados teñen antecedentes penais non ingresará ningún no cárcere


(EFE/J.L. Cereijido)

Detido un home de 90 anos por matar a súa muller de 86 en Laviana (Asturias)

02/07/2025 09:29

O detido mandou unha mensaxe á coidadora de ambos, sobre as seis desta mañá, para avisar de que ía matar a súa muller. Foi esta persoa a que deu aviso á Garda Civil


A ESA e EUMETSAT lanzan un satélite que revoluciona a predición meteorolóxica

02/07/2025 08:48

Detectará gases e partículas contaminantes na atmosfera e dará información diaria da calidade do aire en Europa

Tamén proporciona perfís de temperatura e humidade que servirán para dar avisos por mal tempo máis precisos


Os Bombeiros da Generalitat afrontan a extinción de dous incendios simultáneos na comarca da Segarra, o de Torrefeta i Florejacs/EFE/Agents Rurals

Un incendio forestal deixa dous mortos e 6.500 hectáreas queimadas en Lleida

02/07/2025 08:04

O incendio foi especialmente violento e rápido, segundo explicou o xefe do corpo de Bombeiros, o inspector David Borrell

Os falecidos son o dono e un traballador dunha explotación gandeira


O enfrontamento produciuse entre membros de dúas familias

Unha liorta entre clans rivais deixa un morto e varios feridos en Ribeira

01/07/2025 21:46

Cando menos seis persoas implicadas no suceso foron arrestadas, varias delas na peaxe da AP-9 en Teo tras unha persecución

Ata a zona desprazáronse os antidisturbios, o helicóptero do 061 e varias ambulancias

Un dos feridos na pelexa permanece ingresado "en estado grave"


Nas parroquias de Moreda e de Seoane

Controlado un incendio forestal que chegou a ter ata cinco focos en Monforte

01/07/2025 21:30

Estabilizado outro incendio na Mezquita tras calcinar máis de 30 hectáreas

Publicidade
Publicidade