Contido con Temática Igualdade .

Contido con Temática Igualdade .

Igualdade

A Policía Nacional xa detivo o suposto asasino (EFE/Carlos Barba)

Detido un home que supostamente matou a súa muller en Almería

28/06/2025 08:36

As primeiras pescudas apuntan a que foi acoitelada, e investígase se pode tratarse dun novo episodio de violencia machista

O home tentou suicidarse lanzándose por un barranco

A muller non estaba no sistema VioGén, e o seu home non tiña denuncias previas

Etiquetas:  ASASINATO

A Xunta reivindica a "liberdade de ser e amar" das persoas LGBTIQ+ e chama a que todo espazo sexa "seguro"

28/06/2025 07:58

Cre que son necesarias políticas públicas que acompañen e normativas que "sigan avanzando para blindar a igualdade de trato e a non discriminación" das persoas LGBTIQ+

Pedro Sánchez celebra os 20 anos de matrimonio igualitario e reivindica que España non dará nin un paso atrás en dereitos


EFE/J.L. Cereijido

Interior reforza a protección ás vítimas de violencia machista durante o verán

26/06/2025 13:07

A secretaria de Estado de Seguridade, Aina Calvo, enviou unha instrución, datada o 23 de xuño, en que pide ese reforzo ata o 14 de setembro, dado que as estatísticas mostran que o período estival é un dos máis críticos para as vítimas de violencia machista

Segundo informou o Ministerio do Interior, os axentes terán que extremar as medidas de seguridade en casos de especial relevancia ou que inclúen a menores en risco, en que a muller sufrise episodios previos de violencia con outros autores e agresores persistentes


Condenan un home por abusos sexuais a unha muller con discapacidade intelectual

26/06/2025 10:36

Segundo recolle a sentenza, o acusado forxou unha relación coa muller sendo plenamente coñecedor das limitacións que presentaba ela, e aproveitouse da súa situación de superioridade intelectual 


EFE/Christian Afonso

Sete mulleres e un neno asasinados en crimes machistas no mes de xuño

25/06/2025 19:44

Confirmouse a natureza machista do dobre crime de Algemesí, co que son xa 17 mulleres asasinadas no que vai de ano

Ana Redondo, ministra de Igualdade, subliñou que estamos nunha situación de alerta máxima por violencia de xénero

O Goberno aprobou hai dúas semanas reforzar durante o verán os servizos de atención a vítimas


Europa Press

Aparece o cadáver dunha muller desaparecida en Guadalaxara nun posible caso de violencia machista

25/06/2025 19:00

O cadáver foi atopado en Ruquilla, Guadalaxara, e cadra coa descrición da desaparecida

Xa se espera a identificación do cadáver para a confirmación da identidade 


EFE/Elvira Urquijo A.

Atopan os cadáveres dun home e unha muller nas Palmas, con indicios de crime machista

25/06/2025 18:24

A filla da muller desprazouse á vivenda porque a súa nai non acudiu traballar e deu aviso ao 112

O corpo do home foi atopado na planta superior da vivenda no rexistro da policía

As primeiras pescudas apuntan a que o home puido aforcarse tras cometer o crime

Etiquetas:  CANARIAS

Europa Press

Atopan o corpo dunha muller nun piso de Xixón e deteñen a súa parella como presunto autor do asasinato

25/06/2025 16:03

O cadáver foi atopado no interior dun caldeiro do lixo en avanzado estado de descomposición, o que dificultou a identificación

A muller levaba desaparecida dende o mes de maio

Está previsto que o detido pase a disposición xudicial este xoves


Confirman a multa de 10.800 euros a Rubiales por agresión sexual a Jenni Hermoso

25/06/2025 16:02

A Audiencia Nacional avala que o bico foi sen consentimento e con connotación sexual

Rexeita as coaccións e mantén a orde de afastamento e a indemnización á futbolista


O TSXG absolve a parella de Nerea Añel do delito de homicidio por omisión

25/06/2025 14:15

O ditame do recurso destaca que se vulnerou a súa presunción de inocencia


( EFE/Manuel Bruque)

Un home asasina a súa muller e o seu fillo de dous anos en Algemesí, Valencia

25/06/2025 08:43

A nai da falecida, que convivía con ela e co seu neto, foi a que alertou as autoridades de que se estaba producindo unha agresión

Os axentes atoparon os corpos falecidos da muller, de orixe venezolana e de 43 anos, e do menor, ao que intentaron reanimar sen éxito


Investigan unha agresión sexual a unha menor en Lalín

24/06/2025 18:16

O presunto autor foi detido e quedou en liberdade con orde de afastamento

A vítima, de 16 anos, denunciou os feitos ocorridos o domingo 22


Desartellan unha organización que explotaba mulleres en pisos da Coruña e doutras comunidades

24/06/2025 11:25

Deteñen cinco persoas en Bilbao e Xixón por trata de mulleres colombianas ás que ían rotando por diferentes lugares cada 15 días


A policía detén un home por matar a puñaladas a súa muller en Xetafe

24/06/2025 09:47

Pouco antes das sete e cuarto da mañá deste martes, despois de seren avisados polos veciños, os axentes atoparon o home portando un coitelo en actitude agresiva e atoparon o corpo sen vida da vítima

O presunto agresor, que se estaba autolesionando, tivo que ser reducido cun táser antes de ser detido e trasladado ao hospital


"Non hai forma de xustificalo. Non son eu", di o autor confeso do asasinato de Elisa Abruñedo

20/06/2025 14:35

A Fiscalía conclúe que Elisa sufriu o indicible e non tivo posibilidade de defenderse

As acusacións manteñen as súas penas de 32 e 37 anos de cadea


Un home mata a parella en Málaga e despois suicídase

19/06/2025 16:27

Foi un amigo da vítima quen denunciou a súa desaparición 


A Garda Civil conclúe que Elisa Abruñedo sufriu "violencia extrema"

18/06/2025 14:41

Os investigadores din que as feridas que presentaba o cadáver eran para causarlle a morte


Edificio onde ocorreu o suceso (M. Dylan-Europa Press)

Prisión provisional para o detido polo crime machista da Coruña

17/06/2025 18:03

Está investigado por dous supostos delitos de asasinato e quebrantamento de condena

Non se acordara unha orde de protección debido a que a vítima rexeitara declarar

O Parlamento galego e sedes da Xunta acollen actos de condena polo crime

A autopsia da muller asasinada na Coruña revela asañamento por parte do seu home


Prisión provisional para o home que acoitelou a súa exparella en Vigo

17/06/2025 16:57

O Xulgado de Violencia sobre a Muller investígao por tentativa de homicidio

A vítima, de 66 anos, segue ingresada no hospital, pero está fóra de perigo


Minuto de silencio de condena ao crime de Maritza

Concentracións na Coruña de repulsa polo último asasinato machista no barrio da Sagrada Familia

16/06/2025 21:51

O detido, de 61 anos, matouna, presuntamente, a coiteladas e con asañamento, segundo revelou a autopsia

Entidades veciñais amosaban así o seu apoio a familiares e amigos da vítima


Detido en Vigo un home tras apuñalar a súa exparella, que está estable ingresada no hospital

16/06/2025 14:19

A muller foi trasladada ao hospital Álvaro Cunqueiro tras ser apuñalada, onde na actualidade está ingresada estable


Axentes da Policía no lugar dos feitos. EFE/Moncho Fuentes

Detido un home acusado de asasinar a súa exparella a coiteladas na Coruña

15/06/2025 10:22

A Policía Nacional investiga o crime ocorrido nunha vivenda da rúa Santo Isidoro ás 6:50 horas

O arrestado permanece na comisaría de Lonzas á espera de pasar a disposición xudicial

A muller presentara denuncias previas contra o agresor por violencia machista 


A vítima do crime de Campo Lameiro estaba en "risco alto" no sistema VioGén

11/06/2025 12:43

A parella fora interceptada 12 días antes noutra pista forestal polas autoridades que investigaban a presunta desaparición da muller

A pesar de que o home tiña unha orde de afastamento tras unha condena previa por malos tratos, ambos retomaron a convivencia


O coche calcinado da parella fora descuberto por uns sendeiristas no lugar de Caneda (EFE/Xoán Rey)

O ADN confirma que os corpos calcinados de Campo Lameiro son os da parella desaparecida

10/06/2025 14:52

Trátase de José Ramón G. C., de 50 anos, e a súa parella, Marisol C. P., de 49 anos, dos que non se sabía nada desde días antes de aparecer os cadáveres nunha zona apartada

A deterioración que presentaban os corpos debido ás lapas dificultou as tarefas de identificación

Os investigadores sospeitan que o home matou a súa parella, que apareceu calcinada dentro do coche e, posteriormente, acabou tamén coa súa vida prendéndose lume

O home acumulaba un longo historial de violencia machista


O descampado onde apareceu o corpo da muller. EFE/ Esther Gómez

Detido un home de 47 anos en Marbella acusado de asasinar á súa exparella

07/06/2025 22:29

O suposto autor entregouse á Policía e pasará a disposición xudicial nas vindeiras horas

O corpo da muller, de 53 anos, foi localizado nun descampado con sinais de violencia


O primeiro ministro húngaro, Viktor Orbán. Reuters.

Orbán prohibe expoñer a bandeira LGTB+ para "protexer" os rapaces

06/06/2025 10:05

A medida aplicarase nos edificios públicos de Hungría para frear a propaganda do colectivo nos menores

Outra medida do Goberno húngaro que volve xerar severas críticas


vista da vivenda na que sucederon os feitos (EFE/Alberto Valdés)

Un home asasina a puñaladas a súa nai en Tenerife

05/06/2025 09:48

Os veciños alertaron a policía tras ver o home con rastros de sangue 

Etiquetas:  016   ASASINATO

O Boletín Oficial do Estado publica o decreto

Galicia terá catro novos xuíces de violencia machista

04/06/2025 20:07

A Xunta critica que na Coruña e Vigo se cubran as prazas á custa de eliminar dúas en xulgados de instrución




A parella de Nerea Añel nega que estivese presente cando morreu e pide a súa absolución

02/06/2025 14:33

O TSXG acolleu a vista de apelación pola sentenza condenatoria de 10 anos por homicidio por omisión


As familias agardan que se confirme a identidade das vítimas do coche ardido en Campo Lameiro

02/06/2025 14:33

Á falta das probas de ADN, todo apunta a unha parella que vive en Moraña, que faltaba da casa

O home tiña unha orde para ingresar en prisión por un caso de violencia de machista contra a súa exparella


Un home mata o fillo da súa parella, fere a muller e suicídase en Sentmenat

02/06/2025 10:41

Os feitos producíronse sobre as 06:30 horas, cando os Mossos recibiron o aviso deste incidente, cun home morto na rúa, unha muller ferida de gravidade nun domicilio e o home que posteriormente se suicidou


Pasan a disposición xudicial tres menores pola suposta agresión sexual a unha menor en Vigo

01/06/2025 11:39

A menor, de 16 anos, denunciou que a agresión producírase na madrugada deste domingo nas festas de Fragoselo

Os supostos agresores teñen todos historial delituoso relacionado con roubos e agresións en Vigo


Un home mata a súa filla de 13 anos en Bilbao e despois suicídase

30/05/2025 08:03

Os cadáveres do home e da menor foron atopados a primeira hora deste venres no seu domicilio da capital biscaíña e, aínda que se está investigando as circunstancias, ambos presentan signos de violencia

A nai da menor tivo que ser trasladada a un centro de saúde con lesións


Prisión provisional e sen fianza para o home que lle disparou en Verín á súa exparella

28/05/2025 12:42

O home, informou este mércores o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, está investigado polos delitos de tentativa de homicidio, quebrantamento de medida cautelar e tenza ilícita de armas

O xulgado ourensán acordou tamén agravar a orde de protección acordada polo xulgado de Xinzo de Limia o 26 de xullo de 2024, na que se lle prohibía "non só aproximarse á vítima e comunicarse con ela, senón tamén aproximarse e comunicarse cos seus tres fillos menores"


EFE/Eduardo Palomo

Mata a súa parella a coiteladas en Cáceres tras marchar o fillo para o instituto

27/05/2025 12:12

Tanto o cadáver da muller, de 38 anos, como o autor da agresión mortal foron achados polos axentes do instituto armado baixo o balcón da vivenda da parella


Arquivo (Europa Press)

As persoas con cans de asistencia poderán acceder con eles a espazos públicos

27/05/2025 12:10

Ata o de agora só estaba regulado o acompañamento de persoas con discapacidade visual

As mulleres vítimas de violencia de xénero e sexual poderán entrar con cans de asistencia a albergues e centros asistenciais

O Goberno fixa os criterios para adiantar a xubilación en traballos penosos

O Executivo impulsa a lei de protección de servizos esenciais de sectores estratéxicos


(EFE/Pedro Eliseo Agrelo Trigo)

Berros de "asasino" para o acusado de matar unha muller en Lugo de 47 coiteladas

26/05/2025 14:26

As acusacións piden para o autor confeso do crime a pena máxima, 30 anos de prisión, por asasinato con aleivosía e asañamento e roubo con violencia

A vítima foi atopada sen vida no seu domicilio. Tiña 42 anos e o seu corpo presentaba corenta e sete coiteladas.


Continúa en estado grave a muller tiroteada presuntamente pola súa exparella en Verín

26/05/2025 14:08

A muller xa denunciara a súa exparella por malos tratos e estaba no sistema de protección de vítimas de violencia de xénero

Está previsto que este martes pase a disposición xudicial o presunto agresor 

É o segundo caso grave de violencia machista na provincia de Ourense en menos dunha semana

Publicidade
Publicidade